Un cento de integrantes do Exército Ruso estarán en Santiago e Pontevedra

Será o 18 e 19 de xaneiro dentro dunha xira do coro, ballet e orquestra deste exército.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 09/01/2018 | Actualizada ás 22:10

Comparte esta noticia

O Exército Ruso en todo o seu esplendor “musical” chega a Galicia. Afundación, a Obra Social de ABANCA, acolle as representacións do Exército Ruso de San Petersburgo, conformado por coro, orquestra e ballet, nas cidades de Santiago de Compostela e Pontevedra.

Coro do Exército Ruso
Coro do Exército Ruso | Fonte: sapo

Avalados polo éxito das súas xiras internacionais, o Exército Ruso de San Petersburgo chega a Galicia cun espectáculo no que interpretarán algúns dos temas máis coñecidos do folclore ruso, acompañados de traballadas coreografías e un destacado vestiario. Máis de 30 millóns de persoas en todo o mundo xa gozaron cas súas voces, os seus bailes e a súa música. 

Os máis de 100 artistas que o conforman este espectáculo sairán a escena o vindeiro 18 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela e o 19 de xaneiro, a partir das 20.30 horas, na Sede de Afundación de Pontevedra. As entradas para ambos os dous espectáculos pódense adquirir na web Ataquilla.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta