Por Galicia Confidencial | A Coruña | 11/01/2018 | Actualizada ás 19:44
A gaiteira Susana Seivane elixiu a cidade da Coruña para preestrenar o seu novo disco, titulado Fa. A cita será o vindeiro 3 de febreiro no Centro Ágora da Coruña.
Segundo explican os organizadores do evento, polo feito de comprar a entrada a 9 euros (7 para mozos, maiores de 65 e desempregados), os asistentes recibirán de balde un código de descarga que lles permitirá seguir “gozando da exclusividade da experiencia”, sendo “os primeiros en recibir o novo disco, mesmo antes de que saia ao mercado”. Ademais, tamén poderán adquirir de maneira anticipada un exemplar do CD, que lles será enviado ao seu domicilio sen ningún tipo de custo adicional.
Fa está a gravarse no estudio Nakra da Coruña baixo a supervisión da propia artista, e contará con múltiples colaboracións do panorama musical galego. Ten prevista a súa saída cara ao final deste inverno. Trátase dun dobre disco no que a gaiteira galega (Barcelona, 1976) fai unha profunda reflexión sobre as sensacións producidas durante o embarazo e a posterior maternidade dos seus dous fillos Fiz e Antón.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.