Leiceaga descarta ser o candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago: "Estou moi centrado no Parlamento"

O portavoz socialista na Cámara galega nega que teña interese en liderar a candidatura do PSdeG-PSOE de Santiago nas municipais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2018 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

O portavoz socialista no Parlamento galego, Xoaquín Fernández Leiceaga, negou que teña interese en liderar a candidatura do PSdeG-PSOE de Santiago nas eleccións municipais previstas para a primavera do próximo ano.

Leiceaga
Leiceaga

"Estou moi centrado no Parlamento", asegurou Leiceaga nun almorzo informativo celebrado este venres na sede da Cámara galega.

Así, descartou que baralle presentarse ás primarias para a elección do candidato socialista na capital galega nas eleccións municipais de 2019, xa que ao seu "compromiso" co grupo parlamentario aínda lle quedan "dous anos".

Leiceaga, nado en Noia (A Coruña) pero afincado en Compostela, foi concelleiro en Santiago entre 2003 e 2005, ano no que abandonou a política local para ser deputado no Parlamento galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Equidistando

Magoa. Seria o mellor candidato posible.

1 sermos mantidos

Sobre todo para o BNG! Aspirarían a seguir mamando, aínda que fora grazas a un virachaquetas que antes era nacionalista galego e agora españolista acérrimo, defensor da constitución do 78 e do legado franquista no partido do Gal, dos Eres, das preferentes, do 135 e do 155! Apetito no BNG!

2 Ola loquito

Te tomastes la pastilita