Temas: ENTROIDO

Queres saber como se fai unha figura de compadre e de comadre do Entroido de Monforte?

O Espazo +60 Afundación de Monforte de Lemos pon en marcha un obradoiro de confección de compadres e comadres.

Por Galicia Confidencial | Monforte | 12/01/2018 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizará no seu Espazo +60 de Monforte de Lemos un obradoiro de confección de compadres e comadres para celebrar o Entroido. O seu obxectivo é contribuír a que esta tradición propia do sur da provincia de Lugo non desapareza e para a súa elaboración o grupo utilizará materiais como cartóns, palla, pintura ou roupa usada. 

Obradoiro de elaboración de figuras de comadres en Monforte
Obradoiro de elaboración de figuras de comadres en Monforte | Fonte: oparquedospatos.blogspot.com

Esta actividade enmárcase no programa «O valor da experiencia» da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como obxectivo potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade e o desenvolvemento de actividades interxeracionais e de voluntariado.

Este obradoiro ealizarase os luns, mércores e venres desde o 15 de xaneiro ata o 7 de febreiro, en horario de 17.00 a 19.30 horas de forma gratuíta. Os compadres realizados exporanse na rúa, diante do Espazo +60 da vila, o xoves 1 de febreiro, e as comadres, o xoves 8 de febreiro.  

Temas: ENTROIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta