Beiras atribúe a reacción dos independentistas cataláns á "chantaxe sistemática" do Estado

O fundador de Anova e dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, atribuíu a reacción de independentistas cataláns como o exvicepresidente Oriol Junqueras, o exlíder da ANC, Jordi Sánchez, e o responsable de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, ante os procesos xudiciais polos que están a ser investigados, á "chantaxe sistemática" do Estado, polo que "teñen que ver como poden saír ao paso".

PONTEVEDRA | 13/01/2018 | Actualizada ás 11:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O fundador de Anova e dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, atribuíu a reacción de independentistas cataláns como o exvicepresidente Oriol Junqueras, o exlíder da ANC, Jordi Sánchez, e o responsable de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, ante os procesos xudiciais polos que están a ser investigados, á "chantaxe sistemática" do Estado, polo que "teñen que ver como poden saír ao paso".

O histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras, no acto de Anova
O histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras, no acto de Anova | Fonte: Europa Press

Beiras, que participou a última hora do venres en Pontevedra nunha charla organizada por Anova, sinalou que esta situación "dá lugar a que reiteren que están dispostos a dialogar", algo que "xa dixeron durante o procès" e que até o momento "non houbo". O dirixente de Anova acusou ao Goberno do Estado de facer un "uso do poder autoritario, propio do fascismo, do nazismo e do franquismo, fronte a cidadáns indefensos e forzas democráticas coas mans atadas".

En declaracións a Europa Press, Xosé Manuel Beiras cualificou de "inxustas e ilegais" as últimas eleccións convocadas desde a Administración Central despois de converter Cataluña nun "país ocupado", onde se "cancelaron" as institucións do Parlamento e a Generalitat e fíxose unha aplicación "espúrea" do artigo 155 da Constitución, "como sinalan todos os especialistas", insistiu.

Ademais, reprochou a acción dos medios de comunicación "do pensamento único", dos que afirmou que exercen de "repetidores das mensaxes perversas que dita o Goberno do Estado" á mantenta de trasladar que os independentistan "tentan colborar, dando unha imaxe de que se baixan os calzones". Para Beiras, esta situación que sería "imposible en calquera país democrático", prodúcese nunha Europa que puxo á altura dun "Cuarto Reich", concluíu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta