Beiras avisa a Unidos Podemos: "A esquerda emerxente pode acabar en mal porto"

O fundador de Anova avisa do perigo de que esta formación "se preocupe da demoscopia e de como os seus posicionamentos impactan no electorado español" máis que de manter os seus principios políticos. Tamén xustifica a actitude dos líderes independentistas cataláns que mudaron nas súas estratexias cara a independencia pola "chantaxe sistemática" do Estado.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 13/01/2018 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

O fundador de Anova e dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras advertiu a Podemos que a "esquerda emerxente" pola que a cidadanía "apostou e votou esperanzada" —tamén no caso de En Marea— pode acabar en "mal porto" se Podemos "se preocupa da demoscopia e de como os seus posicionamentos impactan no electorado español".

O histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras, no acto de Anova
O histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras, no acto de Anova

Logo da intención de Esquerda Unida de demandar máis peso na alianza estatal argumentando un "desgaste" por parte de Podemos, Beiras sinalou que se trata de "cuestións internas" do espazo político que representa Unidos Podemos.

Con motivo da súa estancia en Pontevedra no marco dunha conferencia organizada por Anova a última hora deste venres, avisou que "mal servizo fan se se enredasen en se lle corresponde máis ou menos a uns e a outros", o que afectaría tanto a ambas as formacións como ás confluencias xurdidas en Galicia e Cataluña.

EN MAREA

No caso de Galicia, "hai que ver en que medida se consolida En Marea como alternativa de unidade popular", precisou o fundador de Anova en declaracións a Europa Press. Xosé Manuel Beiras instou a respectar os documentos fundacionais do partido instrumental e da coalición creada para as eleccións de 2015 porque, avisou, en caso encontrario "estase formalmente dentro de En Marea pero en realidade estase fóra".

Tamén fixo un chamamento a "traballar coa visión posta no norte, como os mariñeiros", atribuíndo os "bandazos" ao "vento en contra", o que obrigaría a variar o rumbo para alcanzar o obxectivo. En cambio, "sería un desastre para a cidadanía se non se ten en conta o norte e pérdese nas guiñadas", prognosticou.

"Non se pode estar nunha organización que é un partido instrumental", indicou, referíndose a En Marea, "cunha concepción onde o protagonismo é dos cidadáns e non das forzas políticas, e ao mesmo tempo dicir que se quere estar fóra ou ir pola súa conta", recalcou Xosé Manuel Beiras, argumentando que "sería unha fraude ao proxecto de En Marea e aos cidadáns", concluíu.

Estas declaracións do histórico dirixente nacionalista coinciden coa celebración este sábado do Consello Cidadán Estatal de Podemos, na que Pablo Iglesias prevé presentar a súa estratexia para 2018.

CATALUÑA

O fundador de Anova tamén aproveitou para atribuír a reacción de independentistas cataláns como o ex-vicepresidente Oriol Junqueras, o exlíder da ANC, Jordi Sánchez, e o responsable de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, ante os procesos xudiciais polos que están a ser investigados, á "chantaxe sistemática" do Estado, polo que "teñen que ver como poden saír ao paso".

Beiras sinalou que esta situación "dá lugar a que reiteren que están dispostos a dialogar", algo que "xa dixeron durante o procès" e que até o momento "non houbo". O dirixente de Anova acusou ao Goberno do Estado de facer un "uso do poder autoritario, propio do fascismo, do nazismo e do franquismo, fronte a cidadáns indefensos e forzas democráticas coas mans atadas".

En declaracións a Europa Press, Beiras cualificou de "inxustas e ilegais" as últimas eleccións convocadas desde a Administración Central despois de converter Cataluña nun "país ocupado", onde se "cancelaron" as institucións do Parlamento e a Generalitat e fíxose unha aplicación "espúrea" do artigo 155 da Constitución, "como sinalan todos os especialistas", insistiu.

Ademais, reprochou a acción dos medios de comunicación "do pensamento único", dos que afirmou que exercen de "repetidores das mensaxes perversas que dita o Goberno do Estado" á mantenta de trasladar que os independentistan "tentan colaborar, dando unha imaxe de que se baixan os calzóns". Para Beiras, esta situación que sería "imposible en calquera país democrático", prodúcese nunha Europa que puxo á altura dun "Cuarto Reich", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

15 2 Mesías

Ti si que perdiches o norte hai tempo...pola Meseta.

14 Celtia

Beiras e Lores, os dous caciques ben forrados do naZionalismo galego

13 Fan

Diga o que diga Beiras, sempre é o máis comentado do xornal. Velaquí un lider!

1 Outr@

Canta razon tes FAN

2 Foisecovento

Non, velaí ao que puido ser un líder e agora só suscita louvanzas dos seus admiradores carentes de acriticismos e críticas de nacionalistas ou galeguistas conscientes do papel que tivo no debilitamento do nacionalismo nun momento crucial. Ademais, que queres que lles rebatamos ao resto, se non hai nin que rebater porque nunca din máis que naderías e simplezas.

12 Moi mal Ghosé Manuel

Pero que emerxente se so emerxeu cando os medios pablaban ao máximo e xa empezou a somerxerse uns meses despois. Agora as enquisas cada vez dan menos e as navalladas irán a mais. Beiras está preocupado biograficamente porque ten medo de que o lembren polo último que fixo e por iso agora disimula facendo como de mosca cohonera deles cando foi el quen os meteu. Grazas a eles puido alcanzar ese obxectivo de volver ser deputado ainda que logo non fora case nunca polo parlamento. Asi o agradeses Ghosé Manuel

1 Per

Será mergullarse

2 chindasvito

Infórmate antyes de facer propaganda, meu!

11 nostrus

Deixadevos de lereas porque Beiras só representa a politica rancia da represion pola cultura obrigatoria sin deixar que os cidadans escollan o seu modo de vida. Si queredes liberdade de verdade elegrádevos das enquisas que amosan a consolidacion de C´s. Maioria absoluta de C´s para que se respete a diversidade, a realidade frente a ficción, o bilingüismo, o mestizaxe e que España sexa unha nacion indivisible mentras o conxunto do pobo soberano asi o desexe, nin un minuto mais, nin un minuto menos.

1 Nexus 6.2

Camarada Nostrus, me alegra verte salir del armario. Ciertamente, Ciudadanos es la opción recomendable para los que añoramos el franquismo, la Patria unida e indivisible, Una, Grande y Libre, recuerdo del glorioso Imperio Español que se impuso a civilizaciones, culturas e idiomas inferiores. Nuestro paisano Pío Moa, de la región gallega como el recordado Caudillo, prologa las magníficas obras de Girauta. Y desde Ciudadanos, Girauta señala los males que nos acechan y los patriotas españoles debemos combatir: los nacionalismos periféricos, el feminismo paritario, las reivindicaciones de los colectivos homosexuales, el indigenismo, el ecologismo, el castrismo, la fenomenal alianza de civilizaciones, el prejuicio anticatólico, los 'papeles para todos'...

2 Nexus 6.2

Adelante Nostrus: iContra el rancio progresismo, elegante fascismo! Sin miedo, los patriotas fascistas españoles, tú y yo lo somos con orgullo imperial, sentimiento de superioridad nacional, cultural y racial, tenemos depositada en Ciudadanos nuestra esperanza. iA por ellos! Por cierto, si quieres conocer a nuestro común admirado Girauta debes entrar en Peones Negros, sigue esforzándote intelectualmente y te daremos un paseo...

3 nostrus

Nexus 6.2. Non entendo a tua relacion de C´s co franquismo. Eu creo que só responde ao voso afán calumniador e mentirán. De feito creo que simpatizan mais Beiras ou os de Podemos dos gulags sovieticos ou de Pol Pot. Con C´s esnaquízase o voso deporte de chamar fascista a todos os que non somos fascistas. Con Cidadans todos os naciotas poderedes seguir sendo naciotas e estudar aos vosos fillos na lingua oficial que vos pete...¿por que non che gusta que os demais fagan tamen o mesmo?, con C´s poderase practicar a cultura que se queira..¿por que che molesta eso?.

4 Nexus 6.2

Nostrus, no te avergüences de ser fascista. Y menos aún de ser nacionalista español, patriota y defensor de la Fé Verdadera. Tú y yo lo somos, pensaba que ya estabas fuera del armario y eras mayor de edad. El ejemplo mostrado son las palabras escritas y publicadas por Girauta, el intelectual de Ciudadanos, textuales, exactas. Respeta a nuestro Girauta, o no eres de los nuestros. Junto al ejemplar ciudadano Pío Moa, al que tanto admiramos y respetamos, tan elogiado por Girauta. La Falange ha pedido el voto para Inés Arrimadas, candidata de Ciudadanos en 2017, y en 2009 Ciudadanos va en coalición con Libertas, recibe donaciones de prohombres defensores de nuestra causa... Para que seguir, hai que ser valiente, y los orgullosos patriotas españoles no tenemos miedo. Con orgullo Nostrus, que si Girauta no se esconde, nosotros, tu y yo, tampoco debemos avergonzarnos. Lo de Peones Negros y compartir con Girauta un vino español sigue en pié.

5 nostrus

Nexus 6.2. Tu dices: "La Falange ha pedido el voto para Inés Arrimadas, candidata de Ciudadanos en 2017". Yo no se si eso es cierto y puede que tu sepas mas de la Falange que yo, pero ETA ha pedido en varias ocasiones el voto para el PNV....¿es ETA y el PNV lo mismo?. En cambio hubo tres diputados del bloque que abandonaron el parlamento de Galicia por no querer jurar la Constitucion aprobada en referendum por el conjunto del pueblo español...¿tenian estos diputados padigree de demócratas?. El mismo Beiras no ha para do de echar pestes a la Constitucion porque quiere una constitucion hecha por él y le importa un huevo que no nos guste a los demás.

6 Nexus 6.2

Nostrus, si tenemos la misma ideología, tu y yo somos fascistas (uno, con orgullo y valentía de Patriota Español; otro, en el armario, como nacionalista español avergonzado de su noble condición). No malgastes tu energía conmigo, el enemigo está cerca: El árbol y las nueces, evidente. Demostrado. Compartimos con Ciudadanos nuestros intelectuales más preclaros y valientes. Repito textual, copiado, de Girauta los males que nos acechan y los patriotas españoles debemos combatir: los nacionalismos periféricos, el feminismo paritario, las reivindicaciones de los colectivos homosexuales, el indigenismo, el ecologismo, el castrismo, la fenomenal alianza de civilizaciones, el prejuicio anticatólico, los 'papeles para todos'. Se puede decir más alto, no más claro. No insistas en esta linea, o perderás la invitación para entrar en Peones Negros y conocer a nuestro admirado Girauta.