Dez meses agardando entrar na lista de espera para unha proba no Hospital de Santiago

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS recolle a denuncia dunha paciente do servizo de dixestivo, que "ten colapsadas as listas de espera para a realización de probas diagnósticas".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/01/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

M.L.I.A. é unha paciente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) que leva agardando case dez meses a ser incluída na lista espera para facerse varias probas diagnósticas no servizo de dixestivo. A demora levou a esta muller a trasladar e denunciar a súa situación á Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS. O caso de M.L.I.A. non sería excepcional. Segundo a asociación,  "o servizo de dixestivo ten colapsadas as listas de espera para a realización de probas diagnósticas e mantén durante meses a pacientes sen fixar cita".

Clínico, CHUS
Clínico, CHUS

No caso da paciente M.L.I.A., trátase dunha persoa que foi derivada ao servizo de dixestivo desde o de otorrinolaringoloxía tras ser operada dunha hiperqueratose. A paciente solicitou o 20 de marzo de 2017 unha ph-metría, una manometría e unha proba de impedancia esofáxica. Cando xa se van cumprir dez meses desde que solicitou as probas, nin sequera recibiu unha chamada para que entrar na lista de espera e fixar as citas para as probas.

Esta é a súa denuncia:

“Son M.L.I.A., paciente operada dúas veces de hiperqueratose (endurecemento da capa externa da pel) na corda vocal esquerda e que neste momento, de acordo coas probas que me realizaron, presenta unha mancha. No departamento de Otorrinolaringoloxía recomendáronme que acudira ao de Dixestivo porque supoñen que a acidez do estómago é a que está a danar a gorxa; polo que, o 20 de marzo do 2017 acudín ao citado departamento que solicitou as seguintes probas: unha ph-metría, una manometría e unha proba de impedancia esofáxica. Ese mesmo día, diríxome coas solicitudes asinadas polo especialista á sala que me indicaron no mostrador do servizo e solicito a realización destas probas. Limitáronse a quedarse coas solicitudes, sen entregarme copia, nin fixar cita para as probas e, dixéronme que xa me chamarían. Despois de 2 meses de espera acudín novamente ao servizo para interesarme pola cita, e con xesto sorprendido por ter transcorrido só ese tempo, me indicaron que había moitos pacientes diante que levaban meses agardando. Volven a insistir en que se me chamará por teléfono. Transcorreron mais de 9 meses e aínda hoxe sigo agardando a chamada telefónica e a que me informen sobre a miña inclusión nunha lista de espera. O tempo segue pasando, padezo dores periódicos na gorxa e corro o perigo de que a permanente exposición aos ácidos do estómago provoque lesións de gravidade nas cordas vocais.” 

SERVIZO COLAPSADO

Ante o testemuño de M.L.I.A., a Asociación de Pacientes quere facer constar que "o servizo de dixestivo do CHUS conta coas maiores demoras nas listas de espera declaradas da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Compostela para probas diagnósticas".

Segundo a propia información que manexa o Sergas sobre as listas de espera estrutural, desde o ano 2015 os tempos medios de demora para endoscopias dixestivas no CHUS chegaron a ser de ata 155 días, estando actualmente en 124, por enriba dos 100 días que se agardaban en 2015. A media dos tempos de espera no conxunto da EOXI para as listas estruturais por probas diagnósticas estaba situada a 30 de xuño de 2017 en 51 días para as probas radiolóxicas, 11 días para medicina nuclear e 43 días para electrofisioloxía e estudos.

Estes datos, "alarmantes" para a Asociación de Pacientes, "non reflicten", con todo, "a grave situación de colapso" das listas de espera do servizo de dixestivo para a realización de probas diagnósticas, xa que son "pouco ou nada representativos do tempo de espera dun paciente concreto", apuntan.

O testemuño de M.L.I.A., é un exemplo do "innumerables pacientes que non somos incorporados a ningunha lista de espera estrutural mediante a fórmula «xa o chamaremos», que quedamos nun limbo legal onde se vulnera o noso dereito a asistencia con grave deterioro do estado de saúde e non computamos nas cifras oficiais de pacientes en espera", denuncian.

DEREITOS

"As autoridades sanitarias, e os responsables do CHUS e do servizo de dixestivo, deben coñecer que cando a un paciente non se incorpora a unha lista de espera, estase quebrantando a lei e socavando o dereito que temos recoñecido polo ordenamento xurídico de que determinadas prestacións sanitarias financiadas publicamente sexan dispensadas en prazos previamente definidos e coñecidos (artigo 12.2 da Lei 8/2018 do 10 de xullo)", prosegue a asociación.

Os pacientes tamén lembran que a Carta Europea de Dereitos do Paciente, de obrigado cumprimento a todos os estados membros da UE que a subscribiron en Roma no ano 2002, no seu artigo 7 recoñece o dereito de recibir o tratamento necesario, en cada unha das súas fases, nun período de tempo predeterminado e rápido.

O testemuño de M.L.I.A. é, para a asociación, "proba de que o procedemento empregado nin indica o tempo predeterminado, definido e coñecido para ter asistencia nin resposta ao principio de rapidez na súa prestación".

A situación resulta "tan intolerable" que na Asociación aseguran ter coñecemento de que no propio servizo de dixestivo do CHUS, como consecuencia das demoras nas probas, se está advertindo aos pacientes que precisan a realización dunha colonoscopia que "comproben que a medicación que teñen que tomar catro horas antes da proba e que subministra o propio servizo non estea nese momento caducada".

Por último, a asociación lembra que "reiteradamente" soclitou ao longo do ano 2017 a realización dunha xuntanza co xefe do servizo, o doutor Enrique Domínguez, para "falar desta grave situación que está afectando a calidade de vida de miles de pacientes desta área sanitaria, sen que a día de hoxe se realizase". Segundo os denunciantes, "baixo a escusa de que non dispón de tempo fora da xornada laboral".

"Resulta evidente que os responsables do CHUS non están poñendo os medios materiais e humanos precisos para atender a importante demanda asistencial do servizo de dixestivo e fan recaer sobre a saúde dos pacientes as consecuencias de aplicar criterios de xestión por encima dos estritamente clínicos e asistenciais", conclúe na súa denuncia a Asociaciónd de Pacientes e Usuarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 NepotismoNon

Se fóra da CIG non tería problemas. Xa sabemos que as listas de espera na sanidade pública non existen para os amigos, familiares e compañeiros de sindicato.

1 CCOO te lo firma todito

E como se consigue iso? Eu son afiliado á CIG e varios familiares meus tiveron que esperar, non che digo canto. A quen teño que chamar, dasme un número?

2 28dedecembro

En toda organización de clase hay algún pardillo.

1 Moinante

Seria bom saber a quem votou esse paciente e a sua família. Por índice de probabilidades, seguro que PP e senom PSOE: Se é assi tem o que ele eligiu a política de roubo e saqueio liberal levada por esses dous partidos.

1 Anonymous

Que malo costume de xulgar aos demais sen coñecer a persoa e as súas circunstancias; que carraxe dá ler sempre a crítica destrutiva dos uns aos outros; que mágoa dá ver que un día si e outro tamén a xente mala e destrutiva coma ti saídes todos os días a criticar e tentar esmagar aos demais de xeito gratuíto... Ti que que saberás da vida desta persoa? Pero quen te cres ti para xulgar a unha persoa que non coñeces? Esa aparente superioridade moral que amosades algúns non é máis que complexo de inferioridade.