Veciños da comarca da Coruña reclaman ante a Delegación do Goberno a mellora dos accesos á cidade

Centenares de veciños da comarca da Coruña e varios responsables de goberno dos municipios da área metropolitana herculina concentráronse na mañá deste sábado ás portas da sede da Delegación do Goberno para reclamar a mellora dos accesos viarios á cidade.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2018 | Actualizada ás 17:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Centenares de veciños da comarca da Coruña e varios responsables de goberno dos municipios da área metropolitana herculina concentráronse na mañá deste sábado ás portas da sede da Delegación do Goberno para reclamar a mellora dos accesos viarios á cidade.

Concentración na Coruña para reclamar a mellora dos accesos á cidade
Concentración na Coruña para reclamar a mellora dos accesos á cidade | Fonte: Europa Press

A manifestación, convocada polo Concello de Oleiros, contou coa presenza do rexedor desta localidade, Ángel García Seoane, e os alcaldes de Sada, Benito Portela (Sadamaioría); e Cambre, Óscar García Patiño (Unión por Cambre), así como concelleiros dos municipios da Coruña, Bergondo e Betanzos.

Así, a principal reclamación dos concellos coruñeses é o debloqueo das obras de mellora dos accesos á cidade herculina na N-VI, desde Betanzos até a urbe, que sofren "numerosos colapsos" a diario pola cantidade de condutores que se desprazan pola área metropolitana da Coruña.

Deste xeito, como recolle un comunicado emitido polo Concello de Oleiros, a concentración protestou por "os continuos enganos e falsos anuncios do actual Goberno central e dos anteriores" que, segundo denuncian, "néganse a abordar as obras".

Así as cousas, reclaman ao Ministerio de Fomento que os Orzamentos Xerais do Estado para 2018 inclúan as partidas necesarias para levar a cabo a citada actuación.

O Concello de Oleiros denuncia que os accesos á cidade da Coruña pola N-VI son as estradas con "máis tráfico de Galicia" e "están abandonadas por Fomento", o que provoca que, ademais de causar "importantes perdas de tempo" aos seus miles de usuarios, diminúa "considerablemente" o potencial de desenvolvemento económico da área metropolitana coruñesa.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta