Temas: MAREAS EN MAREA

As mareas municipalistas debaterán como traballar de forma "coordinada" para as eleccións de 2019

Volveranse reunir o 20 de xaneiro co obxectivo de "seguir consolidando a rede municipalista". Do encontro tamén sairá un documento coas conclusións sobre as que avanzar de cara ás eleccións que se celebrarán o próximo ano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2018 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

As mareas municipalistas volveranse reunir o próximo día 20 de xaneiro, neste caso en Santiago de Compostela, despois do primeiro encontro mantido en novembro do pasado ano en Ourense, co obxectivo de avanzar en como traballar de forma "coordinada" para impulsar os "obxectivos comúns" de cara a 2019, cando se celebrarán eleccións municipais.

Alcaldes de las mareas municipalistas gallegas
Alcaldes de las mareas municipalistas gallegas | Fonte: Europa Press

O programa previsto inclúe un debate sobre o horizonte e a "axenda de cambio", no que está previsto, segundo explicaron fontes da rede das mareas municipalistas, facer un balance sobre os últimos anos de xestión en concellos como o da capital galega. Tamén servirá para fixar retos comúns, nos que a municipalización de servizos segue sendo a gran expectativa creada.

A idea, explicaron os impulsores deste encontro que clausurará o rexedor compostelán, Martiño Noriega, é "seguir consolidando a rede municipalista", pero deste encontro tamén sairá un documento coas conclusións sobre as que avanzar.

MARCAS PROPIAS DAS MAREAS

As marcas propias das distintas mareas non están en discusión e, de feito, o propio líder de En Marea --a formación política referencia das mareas a nivel autonómico--, Luís Villares, xa manifestara que este partido respectaría a "autonomía" de cada unha delas.

"Cremos na absoluta autonomía local", manifestaron as fontes municipalistas consultadas, que precisaron que iso "non significa non facer política común, non ter obxectivos comúns e non traballar en rede".

Con todo, será nestes debates onde se aclarará se se articula algunha fórmula que permita aproveitar os votos de cada unha das mareas para outras institucións ou obxectivos, como as deputacións provinciais.

Isto sucedeu así en 2015 coa marca SON, que foi usada por varias candidaturas municipalistas para aglutinar votos (como Son de Teo), pero non así con listas como a de Marea Atlántica da Coruña --con Xulio Ferreiro como rexedor), que por si mesma, no entanto, está representada na institución provincial.

Está por decidir como evolucionará o debate neste sentido, pero as mesmas fontes consultas aseguran que a nomenclatura non está neste momento enriba da mesa. Outra cousa, precisan, é a definición das fórmulas de colaboración.

PROGRAMA PREVISTO

No programa está previsto que interveñan representantes das mareas municipalistas de Ourense, Santiago, A Coruña e Teo, mentres que o encontro será pechado, xa en xornada de tarde, polo rexedor compostelán.

A Noriega precederalle unha palestra de debate sobre o horizonte de 2019, que preparará o traballo para as municipais. Pola mañá será o momento de abordar cuestións de organización da "rede" conxunta de traballo, é dicir, dos lazos entre cada unha das mareas locais respectando esa "autonomía" que lles permite a cada unha tamén marcar a diferenza cara á súa formación autonómica referente, En Marea.

Temas: MAREAS EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

3 nostrus

As Mareas non teñen ningun futuro. Si conseguiron alcaldias foi gracias a xente cabreada co bipartidismo que foi capaz de tirar o seu voto ao lixo, pero que cando se serene darase conta do seu erro. Tanto A Coruña, como Ferrol ou Santiago, son cidades sin ningun resentimento pola sua españolidade e galeguidade, algo que non vai acorde co ideario podemoide e mareoide. Eu creo que en vez de traballar para a coordinacion das próximas municipales deberia irse preparando para facer as maletas inda que deixen todo cheo de lixo. Para que logo os separratas se queixen de que en España non hai democracia e hasta os porcos caben nela.

2 Cidadanía de Xestión SL

Se son municipalistas por que xestionan tan mal os municipios

1 comunista independentista

Que xestionan mal só o dicides os do PP e os do Bloque, que para o caso sodes o mesmo. En cambio a xente da rúa está moi satisfeita, e en 2019 as catro alcaldías pasarán a ser catro con OueC en Ourense. Seguide ladrando.

2 Guau

comunista independentista : Se pasan de catro a catro será un gran triunfo para eles (por unha vez douche a razón).

1 Ferriño

Home, hai traballos que coordinar e fan ben. Para outro tipo de coordinacións xa está EM ou non están aí?