A Audiencia ratifica a condena a unha nai de Vigo que calumniou á profesora do seu fillo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou o recurso de apelación interposto por unha nai da cidade, que foi condenada a pagar unha multa de 630 euros por calumniar á profesora do seu fillo, e ratificou dita sentenza.

VIGO | 15/01/2018 | Actualizada ás 17:53 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou o recurso de apelación interposto por unha nai da cidade, que foi condenada a pagar unha multa de 630 euros por calumniar á profesora do seu fillo, e ratificou dita sentenza.

A defensa da procesada presentou recurso alegando que se produciu erro na apreciación da proba, pero a sala entendeu que non houbo tal erro e, ademais, fai seus os argumentos do xulgado do Penal número 3, que ditou sentenza, e sinala que "concorren todos os requisitos do delito" polo que a nai foi condenada.

Na sentenza condenatoria establecíase que a acusada realizou unha "falsa imputación duns feitos delituosos con intención de difamar e de atacar a dignidade persoal e profesional" da profesora do seu fillo. Así, a muller difundiu nun grupo de Whatsapp de pais de alumnos que a docente se dedicaba a "zarandear de malas formas" ao neno, "tirarlle do brazo", e mesmo que se comía a súa merenda, sen que houbese probas desas actuacións.

A xuíza da sala Penal tamén reprochou á nai que non rectificase a súa acción calumniadora nin no grupo de Whatsapp, nin no acto de conciliación que promoveu a profesora, e advertiu de que as súas palabras non se poden enmarcar nun acto de liberdade de expresión ou de crítica.

Por iso condenouna ao pago dunha multa de 630 euros (sete meses, a razón de 3 euros ao día) e indemnizar á profesora na cantidade simbólica dun euro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta