A muller, protagonista dun ciclo de cinema en Santiago

Trátase de “Mulleres de onte e de hoxe” que proxectará seis filmes en versión orixinal francesa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/01/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A muller e, especialmente, a muller francesa, será a protagonisa dun ciclo de cinema en Santiago de Compostela. Afundación, en colaboración coa Alianza Francesa de Santiago de Compostela, pon en marcha o ciclo “Mulleres de onte e de hoxe”. 

Película Camille Claudel, sobre a musa de Rodin
Película Camille Claudel, sobre a musa de Rodin

Todas as películas que conforman este ciclo son filmes franceses que contan con mulleres como protagonistas. A primeira proxección será este martes, a partir das 20.00 horas, co filme Camille Claudel en versión orixinal subtitulada. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Camille Claudel, dirixida por Bruno Nuytten no 1987, relata a biografía da escultora Camille Claudel, unha muller libre e independente que non se adaptaba aos convencionalismos da súa época. O escultor Auguste Rodin, interpretado por Gérard Depardieu, foi o seu mestre, e ela converteuse na súa musa. Entre ambos os dous xurdiu unha complicada relación amorosa chea de crises e rupturas. Ao final da súa vida, Camille viviu como unha esmoleira e acabou sendo internada nun psiquiátrico polos seus problemas mentais.

As seguintes sesións programadas dentro deste ciclo na Sede Afundación de Santiago de Compostela serán o 23 de xaneiro coa proxección de Les châteaux de sable, o 30 de xaneiro con La fille du patron, o 6 de febreiro con Les malheurs de Sophie, o 20 de febreiro con Pas son genre e finalmente o día 27 de febreiro con Victoria.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta