Laureano Oubiña e Carmen Avendaño, chamados a comparecer este martes no xulgado de Vilagarcía de Arousa

O narcotraficante Laureano Oubiña e a presidenta da asociación Érguete, Carmen Avendaño, veranse as caras este martes nos xulgados de Vilagarcía de Arousa. A xuíza que instrúe a demanda interposta polo narco contra a responsable do colectivo antidroga, á que lle pide 150.000 euros por un presunto delito contra a honra, citounos para que comparezan en vista previa.

PONTEVEDRA | 16/01/2018 | Actualizada ás 09:26 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O narcotraficante Laureano Oubiña e a presidenta da asociación Érguete, Carmen Avendaño, veranse as caras este martes nos xulgados de Vilagarcía de Arousa. A xuíza que instrúe a demanda interposta polo narco contra a responsable do colectivo antidroga, á que lle pide 150.000 euros por un presunto delito contra a honra, citounos para que comparezan en vista previa.

Os feitos polos que o narco cambadés denunciou a Carmen Avendaño remóntanse a marzo de 2017. Aos poucos días de obter a liberdade condicional, Oubiña concedeu unha entrevista radiofónica nunha emisora de ámbito nacional. No transcurso da mesma, a responsable do programa introduciu unha gravación na que a presidenta de Érguete aseguraba ter coñecemento de que Oubiña "tamén traficou con outro tipo de drogas" e non só con cannabis.

O demandante considera que esa afirmación atenta "contra a protección do dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe", xa que das tres sentencias nas que resultou condenado, dúas están relacionadas co tráfico de haxix e unha co branqueo de capitais derivado deste. Por tal motivo, interpuxo unha demanda contra Carmen Avendaño, a quen reclama unha indemnización de 150.000 euros.

No seu escrito de acusación, Laureano Oubiña subliña que nunca foi condenado por traficar con outro tipo de drogas que non sexa o haxix e que "en consecuencia, a afirmación vertida pola demandada ao aseverar que si o fixo é infame, perversa e maligna". A demanda tamén incide en que as condenas que pesan sobre o narco cambadés "son moi diferentes" ás sentenzas de condena por tráfico de estupefacientes das que sí causan grave dano á saúde".

DAR A CARA

Aínda que non está obrigada a asistir á vista previa, Carmen Avendaño xa adiantou que si que acudirá este martes ao xulgado de Vilagarcía "para ver que pasa e para ver se el tamén dá a cara".

A presidenta de Érguete manifestou en varias ocasións estar convencida de que "o motivo da denuncia interposta contra ela non é por unha cuestión de honra, senón por un axuste de contas" contra unha das persoas que máis activamente contribuíu a desatar a 'Operación Nécora', en xuño de 1990.

Naquela época, Carmen Avendaño era a responsable do colectivo de nais contra a droga e encabezou unha histórica protesta ás portas do Pazo de Baión, cuxo propietario era entón Laureano Oubiña.

Despois das condenas do narco, o emblemático pazo foi intervido e posteriormente poxado e vendido á cooperativa vitivinícola Condes de Albarei. Despois da venda organizouse un acto simbólico de acceso á propiedade e foi precisamente Carmen Avendaño a persona elixida para abrir o portalón do pazo, a modo de vitoriosa alegación.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta