Evacuado un home por inhalación de fume debido a un incendio na cociña da súa vivenda na Coruña

Un home foi trasladado a un centro hospitalario após inhalar fume que provocou un incendio rexistrado na cociña da súa vivenda na noite do luns na Coruña.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2018 | Actualizada ás 09:53 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home foi trasladado a un centro hospitalario após inhalar fume que provocou un incendio rexistrado na cociña da súa vivenda na noite do luns na Coruña.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 22,00 horas do luns na rúa de Simón Bolívar, na parroquia de Visma. Debido ao incendio ardeu a campá extractora e víronse afectados os mobles da cociña, segundo aseguraron os bombeiros da cidade cando informaron o servizo de emerxencias da extinción do lume.

Após recibir a chamada de alerta do persoal sanitario, sobre as 22,00 horas do luns, o 112 Galicia informou os Bombeiros, que xa desprazaran unha dotación cara ao lugar, despois de ser alertados por un particular. Tamén, a Policía Local prestou a súa colaboración.

Ao lugar, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, o 061 enviou unha ambulancia medicalizada que trasladou ao Hospital A Coruña ao home afectado, J.M.M.R., de 53 anos de idade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta