Nace a Assembleia Nacional Galega para impulsar a “construción nacional” de Galicia

Quere converterse no gran “movimento cívico galeguista” e aposta por impulsar a “consciência e o orgulho nacional do povo galego” e por “normalizar a nossa língua e reintegrá-la no contexto internacional da Galaicofonia ou Lusofonia”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/01/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A desmotivación, o cansanzo e a situación de parte da sociedade galega perante unha “política galega em permanente confronto, sectária, carente de uma cultura da cooperação e sem projeto para o futuro da Galiza”, está detrás do nacemento da Assembleia Nacional Galega (ANG), unha entidade, en obxectivos, moi semellante aos impulsados polas Irmandades da Fala hai máis de cen anos.

Bandeira da ANG
Bandeira da ANG

De feito, a ANG quere ser un gran “movimento cívico galeguista” de carácter democrático, asembleario e pacifista. Por iso, fai un chamamento a todos os galegos e galegas “defensores da Galiza, da sua língua -nacional e internacional-, cultura e economia” para a “construción nacional galega”.

“É um movimento cívico totalmente independente de qualquer partido, frente política ou sindicato dos existentes. Como tal movimento cívico, não seria nem partido nem frente política. Não concorreria a processos eleitorais nem aspiraria a governar qualquer tipo de instituição”, apuntan os impulsores deste movemento nun comunicado.

TRADICIÓN DAS IRMANDADES

Así, apunta que, aínda que os seus integrantes poidan ser membros de formacións políticas, os seus coordinadores locais ou nacionais nunca poderían selo. A ANG está inspirada no movimento das Irmandades da Fala e entre os seus obxectivos estarían os de “aglutinar os e as galeguistas até agora esparsos e estabelecer um novo tipo de relações interpessoais”.

Tamén en normalizar o galego e “reintegrá-la no contexto internacional da Galaicofonia ou Lusofonia”, ademais de popularizar e desenvolver a cultura galega, defender o medio ambiente, divulgar a historia galega, elaborar estudos acerca da sociedade galega contemporánea ou apoiar unha economía galega sustentável e que potencie aos emprendedores.

"REGALEGUIZACIÓN" DE GALICIA

A ANG tamén quere “regaleguizar integralmente a sociedade da Galiza e incrementar a consciência e o orgulho nacional do povo galego”,  realizar atividades de defensa da língua e cultura na Galicia estremeira e establecer unha “relação fluida e permanente de colaboração com os povos e os países da Lusofonia e com os das nações sem Estado da Península”. Esta nova entidade será presentada o vindeiro 21 de xaneiro en Compostela e realizará un gran evento o vindeiro 27 no Centro Social de Vite. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

14 anonimo

Vale ¿ E hai algún galego que diga " Nao" en troques de " Non" ? Eu non coñezo a ninguén. " Nao" o din os portugueses, non os galegos. A trécola de sempre dos lusistas, que se o portugués é o " galego internacional", que se temos que reintegrarnos no ámbito da lusofonía etc. Xa non saben que facer para meternos o portugués, sempre cos mesmos contos. O conto de sempre , xa repetido mil veces. Os lusistas son coma os testigos de xehová, sempre esperando a chegada do mesías, neste caso do portugués.

1 Burelao

O que non debería facer galegx ningún é colocar o pronome diante do verbo como fas ti. Despois, que calquera escriba o advervio de negación como lle saia doS fuciños. Pronunciar pronúnciase IGUAL tanto escrito en norma do ILGA como en norma internacional. Se non entendes a diferenza entre ortografía e pronuncia, polo menos non badúes como se realmente o soubeses.

2 Alen

Qué prefires o castrapo normalizado da Xunta do PP? O que se trata é de avanzar no auténtico... P E D A G O XÍ A!!!

3 Gontão

A terminação "ão" pronuncia-se de muitas formas e não marxina a ninguém. No norte de Portugal pronunciase como "om" e no sur "ao" igual que na Galiza "veran" ou "chan" pronuncia-se "verao" e "chao" no bloque central e oriental. Tambem palabras como "mazá" no bloque occidental pronuncia-se "masán" que casualmente é igual que no português "maçã". Assim que esa til é uma das maravilhas da norma portuguesa porque facilita diferentes formas na fala e ao mesmo tempo unifica a escrita. O mesmo pasa com "balões" que no bloque occidental é "balóns" mas no central é "balós" e no oriental "balois"

13 Guitiricense

Nada a ver a ANG com o partido Nós-UP nem com nenhum outro. A ANG é um MOVIMENTO SOCIAL FORMADO SÓ POR CIDADÃOS E CIDADÃS DA GALIZA, de diversas ideologías, mas unidos no Galeguismo e com o objetivo de fazer uma País orgulhoso de si. Gostaria de que a ANG fosse forte e pressionasse às para defender os direitos dos galegofalantes. Seria bom que se converte-se numa espécie de "lobby" defensor dos galegofalantes perante as instituições.

12 Guitiricense

O Galeguismo sempre e existiu e deve continuar existindo. Galiza necessita que os seus galeguistas e os galegofalantes se organizem para defender a sua língua, cultura e sociedade e tentar desde a base que uma nova geração de galegos e galegas, formada e moderna, em contacto com o mundo contemporâneo, construia uma Galiza futura melhor.

11 Cubismo

Vamos a ver si nos enteramos el naconalismo gallego en horas bajas y se dedican en lugar de convencer a la gente en hacer tonterias como estas sigan asi señores que pronto esto sera ciudadanos country

1 Impresionismo

Y a ti que te importa, remedo de Paquito unitesticular? Sigue a silbar el "soldadito español, soldadito valiente" y deja de tocar las gónadas.

10 GALIZA SI EXPAÑA NUNCA

EXCLUIDOS -VIEIRISTAS, mareados e anovados do fronte expañolento de PODREIROS!!!! señores, señores o vello fundou o AGE ASAMBLEA GALAICO EXPAÑOLA!!!! e non pode esquecerse, e moito menos perdoarse caeu en expañol... anque agora ante o inminente afundimento electoral das mareas podreiras (xa o dixo podreiros o que querían, todo!) non e xente de fiar, non e xente de confianza, moitos son oportunistas da política os -Vieiristas xa botaron fora todo o lixo velenoso, agora ninguen os quere, non e xente de confiar nin decentes nin galegos...

1 MaikelborrachoideNoia

Iso, comezade excluíndo,que así ides chegar moooooooooi lonxe, abofé.