O PSdeG pide ao Consello de Contas que avalíe os "efectos económicos" da modificación da lei de saúde

O Parlamento de Galicia, a petición do PSdeG, pedirá ao Consello de Contas que avalíe os "efectos económicos" que terá a modificación da lei de saúde de Galicia que prevé levar a cabo o Partido Popular e que reduce de 11 a sete as áreas sanitarias.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2018 | Actualizada ás 14:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia, a petición do PSdeG, pedirá ao Consello de Contas que avalíe os "efectos económicos" que terá a modificación da lei de saúde de Galicia que prevé levar a cabo o Partido Popular e que reduce de 11 a sete as áreas sanitarias.

Leiceaga
Leiceaga | Fonte: Europa Press

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, explicou que a mesa da Cámara aceptou formular esta solicitude, medida que se contempla na lei do Consello de Contas do ano 2015, que posibilita que este órgano informe, a instancias do Lexislativo, das consecuencias económicas dos proxectos de lei.

"O que tentamos é activar todos os mecanismos parlamentarios para que podamos exercer a nosa función co máximo nivel de coñecemento", afirmou o dirixente do PSdeG, formación que mostrou o seu rexeitado á modificación desta norma en numerosas ocasións por considerar que recorta servizos e incide na privatización da sanidade pública.

Leiceaga detallou que nun prazo de 15 días o Consello de Contas fará esta avaliación que, segundo indicou, "afecta a un ámbito" ao que "case un 30% dos recursos da Xunta están destinados", como é a sanidade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta