Un neno de seis anos alertou á Policía de que a súa nai estaba sendo agredida pola súa ex parella

O rapaciño chamou á Policía Local da Coruña e facilitou os datos do seu domicilio.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/01/2018 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

Un neno de tan só seis anos deu alerta á Policía Local da Coruña da agresión que estaba a sufrir a súa nai por parte da súa exparella. Na súa chamada, na madrugada do día 14, facilitou a dirección do domicilio, na zona do barrio de Labañou, á que se trasladaron dúas dotacións.

Un neno de costas
Un neno de costas | Fonte: FivePrime.org

Segundo informa a Policía Municipal, á súa chegada, foi a muller a que abriu aos axentes e os levou ata o salón, onde estaba a súa exparella, con quen tiña en vigor unha orde de afastamento. Tamén lles dixo que o home, veciño da Coruña e de 31 anos, golpeouna na cara e ameazou con matala a ela e aos seus fillos.

A patrulla detivo ao home por violación de morada, violencia de xénero e incumprimento da orde de afastamento. No domicilio localizouse ao menor que fixo a chamada, un neno de seis anos que estaba a darlle o biberón ao seu irmán de poucos meses. Dos menores, fixéronse cargo os avós paternos mentres a nai era trasladada a un centro sanitario para atendela das feridas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta