SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2018 | Actualizada ás 09:25 por EUROPA PRESS
O condutor dun turismo faleceu nun accidente de tráfico rexistrado na tarde do martes após chocar cun camión cando circulaban pola estrada de Curtis a Betanzos ao seu paso polo concello coruñés de Oza-Cesuras.
Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro mortal rexistrouse pasadas as 19,00 horas do martes na estrada AC-840, no lugar de Trasanquelos.
Até alí desprazouse un equipo de Urxencias Sanitarias; efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Betanzos e os membros do GES de Curtis, alertados polo persoal do 112 Galicia.
Unha vez no lugar do accidente, comprobaron que o home estaba falecido e que tiñan que proceder á excarceración do cadáver, que estaba atrapado no interior do coche. Pola súa banda, o camioneiro resultou ileso e saíu do vehículo polo seu propio pé.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, tratouse dunha colisión frontal entre o coche e o camión, que se saldou cunha vítima mortal e diversos danos na vía.
Na retirada dos restos da vía e na limpeza da calzada traballaron os servizos de extinción e salvamento, así como persoal da Axencia Galega de Infraestruturas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.