(AM) Morre o condutor dun turismo após chocar cun camión en Oza-Cesuras (A Coruña)

O condutor dun turismo faleceu nun accidente de tráfico rexistrado na tarde do martes após chocar cun camión cando circulaban pola estrada de Curtis a Betanzos ao seu paso polo concello coruñés de Oza-Cesuras.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2018 | Actualizada ás 09:33 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O condutor dun turismo faleceu nun accidente de tráfico rexistrado na tarde do martes após chocar cun camión cando circulaban pola estrada de Curtis a Betanzos ao seu paso polo concello coruñés de Oza-Cesuras.

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro mortal rexistrouse pasadas as 19,00 horas do martes na estrada AC-840, no lugar de Trasanquelos.

Até alí desprazouse persoal de Urxencias Sanitarias; efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Betanzos e os membros do GES de Curtis, alertados polo persoal do 112 Galicia.

Unha vez no lugar do accidente, comprobaron que o home estaba falecido e que tiñan que proceder á excarceración do cadáver, que estaba atrapado no interior do coche. Pola súa banda, o camioneiro resultou ileso e saíu do vehículo polo seu propio pé.

En concreto, concretaron fontes sanitarias, o 061 enviou ao punto unha ambulancia asistencial e un médico do Punto de Atención Continuada (PAC) de Betanzos, que confirmou o falecemento no lugar do condutor.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, tratouse dunha colisión frontal entre o coche e o camión, que se saldou cunha vítima mortal e diversos danos na vía.

Na retirada dos restos da vía e na limpeza da calzada traballaron os servizos de extinción e salvamento, así como persoal da Axencia Galega de Infraestruturas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta