Ideoloxía e realidade social

O expresidente Artur Mas dixo, hai uns días, que o exceso de ideoloxía, as veces, non permite ver a realidade social que se quere gobernar. O que é tanto como aceptar que ise exceso ideolóxico é un erro que arrédate os gobernantes da realidade e dos problemas diarios da xente. Tal afirmación visto o contexto e a situación actual de Catalunya, semella máis unha rectificación dos postulados iniciais do proceso unilateral soberanista que unha frase con fondo teórico -filosófico. Por iso, tal afirmación lévame ó seguinte comentario.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 17/01/2018

Comparte esta noticia
Os partidos políticos están formados en base a unha maneira  de ver  e entender a sociedade. Unha forma de concebir a relación dos humanos nun determinado lugar e momento. E, en base a esa filosofía e incluso ética,  fanse unhas propostas e reivindicacións políticas e económicas  que se tentarán pór en marcha ó chegar ó poder.
 
Pero as sociedades, alomenos as occidentais,  son moi diversas tanto no plano ideolóxico como no  económico e tamén no social. Teñen, polo tanto, os seus moradores, intereses moitas veces contrapostos. Ista realidade, ás veces, choca frontalmente coas propostas políticas dos grupos que se presentan ás eleccións. Sendo moi normal, para o común dos habitantes, non atopar unha formación que satisfaga plenamente todas as reivindicacións dos cidadáns. E será a partires desa premisa de insatisfacción de propostas cando empece a producirse o que se pode entender como a complexidade reivindicativa e electoral da sociedade na que vivimos. Cuestión que, pola cegueira partidaria,  non se ve e impide chegar a acordos de mínimos alomenos naqueles temas de interese xeral compartidos socialmente. 
Por regla xeral, os militantes e afiliados dunha forza política teñen unha formación en primeiro lugar moi  centrada na ideoloxía. Isto que é unha cousa positiva ten alguns aspectos negativos. Porque  cando se ideoloxiza en excesivo, o resultado  pode levarnos  a un arredamento  da sociedade á que se quere servir. E dende ise momento empezarán os problemas sociais e a  perda de confianza no que se predica.
 
Sen afondar máis no asunto, isto que comento pasa con maiormente nas forzas políticas chamadas de esquerda, onde  a ideoloxía é un credo que somente ve a solución dos problemas dende a óptica moi pechada do propio  credo. E tal forma de ver o mundo léva ós que practican esta forma de entender  a política, ó camiño do arredismo social, a radicalización  e a conformarse con ser uns meros denunciantes do mal  que  funcionan as cousas. Claro, sen aspirar a gobernar nunca.
 
Non sei como se resolverá o caso ó que se referiu  Artur Mas, pero facendo un salto e situandome na nosa terra, percibo que  o nacionalismo galego sofre ise mal dende hai moitos anos. Pois vive anclado nunha ideoloxía e nun romanticismo copiado  dos rexímenes caducos dos  paises do leste que, a día de hoxe, non   o levan a ningures. Polo que  segue a estar de costas a realidade complexa do que é Galicia actual. Con todo, o mais triste, é que parece sentirse cómodo na postura de ser eternamente oposición. Claro,  sen ser capaz de ser o eixo para artellar unha forza política moi ampla e aberta no ideolóxico que se plante como unha alternativa seria de goberno de san  Caetano. 
 
En fin, creo que o Sr. Mas puxo o dedo na chaga o falr deste asunto;  pois o exceso de ideoloxía non permite ver nin conectar coa realidade para arranxar os problemas que ten a sociedade. E iso pode levar ó fracaso calquer proxecto político por moi argumentado ideolóxicamente que esté.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com