Temas: DIANA QUER

Designada unha avogada da quenda de oficio para defender ao autor confeso da morte de Diana Quer

O anterior avogado renunciara asegurando que "para poder exercer nun asunto penal, é necesario crer total e honestamente no que se está facendo, facelo con paixón e con amor á profesión".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2018 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

A delegada do Colexio de Avogados da Coruña para o partido xudicial de Ribeira, María Fernanda Álvarez, foi designada como avogada da quenda de oficio para defender ao autor confeso da morte de Diana Quer, José Enrique Abuín Gey, coñecido como 'o Chicle'.Así o confirmaron a Europa Press fontes xurídicas, que explicaron que a designación de Álvarez efectuouse porque lle corresponde pola lista da quenda de oficio.

O autor confeso da morte de Diana Quer José Enrique Abuín Gey, 'o Chicle'
O autor confeso da morte de Diana Quer José Enrique Abuín Gey, 'o Chicle' | Fonte: Europa Press

A designación de letrado de quenda de oficio prodúcese despois de que o avogado Ramón Sierra renunciase á defensa do autor confeso da morte de Diana Quer ao argumentar que "para poder exercer nun asunto penal, é necesario crer total e honestamente no que se está facendo, facelo con paixón e con amor á profesión".

Sierra argumentou "dúbidas sobre a defensa" para anunciar o venres pasado a súa renuncia despois de trasladarse ao centro penal da Lama, en Pontevedra, para comunicarlle a súa decisión ao que era o seu defendido, unha renuncia que tamén trasladou ao Xulgado de Instrución Número 1 de Ribeira que instrúe a causa.

En declaracións aos medios após conversar durante case unha hora co 'Chicle', o venres Sierra dixo que, nos últimos días, o seu equipo legal pediu que se lle practicase a Abuín Gey "unha proba pericial con dous forenses psicólogos e psiquiátricos acerca do seu estado" após o que considerou que, "neste instante, debe proceder outra persona a exercer a defensa".

Sobre este punto precisou que, nun delito deste tipo "contra as persoas", estas probas periciais son "necesarias" para saber se o acusado é "imputable".

Temas: DIANA QUER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta