Cal debe ser o futuro da cooperación transfronteiriza entre Galicia e Portugal?

O Eixo Atlántico presenta unha proposta para un novo tratado de cooperación entre España e Portugal que busca ”unha verdadeira estratexia integrada” que vaia moito máis alá “da mera xestión de fondos europeos”.

Por Galicia Confidencial | Portugal | 17/01/2018 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

O actual Tratado de Valencia, que regula a cooperación transfronteiriza de Galicia e España, xa ten máis de 15 anos de antigüidade e queda curto antes as novas esixencias europeas. Por iso, o Eixo Atlántico, no contexto da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, presentou aos ministerios de exteriores de ambos os países unha proposta para un novo tratado.

Xuntanza do  presidente de la RIET e alcalde de Viana do Castelo, José Maria Costa, xunto co secretario xeral do Eixo e da RIET, Xoán Vázquez Mao, esta semana en Lisboa a altos responsables del Ministerio de Negocios Extranjeros de Portugal Xuntanza do  presidente da RIET e alcalde de Viana do Castelo, José Maria Costa, xunto co secretario xeral do Eixo e da RIET, Xoán Vázquez Mao, esta semana en Lisboa con altos responsables del Ministerio de Negocios Extranjeros de Portugal
Xuntanza do presidente de la RIET e alcalde de Viana do Castelo, José Maria Costa, xunto co secretario xeral do Eixo e da RIET, Xoán Vázquez Mao, esta semana en Lisboa a altos responsables del Ministerio de Negocios Extranjeros de Portugal Xuntanza do presidente da RIET e alcalde de Viana do Castelo, José Maria Costa, xunto co secretario xeral do Eixo e da RIET, Xoán Vázquez Mao, esta semana en Lisboa con altos responsables del Ministerio de Negocios Extranjeros de Portugal

A proposta para o novo tratado recolle a idea de que as relacións entre España e Portugal, países que comparten a fronteira máis longa e estable de Europa, non poden ser só relacións de estado entre Lisboa e Madrid, senón unha comunicación dual que contemple tamén os intereses dos cidadáns a ambos os dous lados da fronteira. 

En concreto, o Eixo busca que o novo tratado reflicta unha “verdadeira estratexia integrada para a cooperación transfronteiriza” que vaia moito máis alá da mera xestión de fondos europeos. “Así, preténdese un cambio de paradigma no marco xurídico, promovendo a mellora dos servizos prestados aos cidadáns e favorecendo a dinámica empresarial, que outorgue un papel máis importante ás intervencións da sociedade civil”, apunta a entidade.

A proposta do Eixo incide tamén na axenda dos Cumios Ibéricos, para que se centre realmente na cooperación transfronteiriza apoiada na Comisión Mixta Luso-Española constituída como órgano de participación institucional das administracións centrais e rexionais. Neste sentido, propón que as actuais comunidades de traballo evolucionen cara á súa conversión en órganos de acompañamento e avaliación das iniciativas de cooperación a nivel rexional.

ENTIDADES SUPRANACIONAIS

Ademais, aposta por que o novo acordo de cooperación transfronteiriza se convirta en fonte de dereito transfronteirizo, especialmente na creación de entidades con personalidade xurídica, que deben dispor dun réxime xurídico e fiscal propio que atenda á súa natureza de ámbito supranacional. Neste sentido, o novo tratado deberá enunciar os principios e regras xerais de organización e funcionamento das entidades dotadas de personalidade xurídica, habilitándoas para unha actuación transfronteiriza efectiva. 

Do mesmo xeito, cre que o novo acordo deberá incorporar e simplificar as disposicións xurídico-administrativas para a constitución das AECT (Agrupación Europea de Cooperación Territorial) e a evolución cara a esta figura de entidades con personalidade xurídica existentes.

COMISIÓN DE EXPERTOS

A proposta foi elaborada por un conxunto de expertos en cooperación transfronteiriza que analizaron os principais déficits do actual marco xurídico que lastran a cooperación no ámbito administrativo, empresarial, nos ámbitos da investigación e da cooperación institucional ou da propia xestión dos fondos europeos, debido fundamentalmente á ausencia de figuras xurídicas e á obsolescencia do texto aprobado hai 15 anos na fronteira máis dinámica e estruturada de Europa.

Este documento foi presentado polo presidente da RIET e alcalde de Viana do Castelo, José Maria Costa, xunto co secretario xeral do Eixo e da RIET, Xoán Vázquez Mao, esta semana en Lisboa a altos responsables do Ministerio de Negocios Estranxeiros de Portugal  como o director xeral de Asuntos Europeos, Rui Vinhas; o secretario xeral do Ministerio, Álvaro Mendonça Moura; secretaria de Estado para Asuntos Europeos Ana Paula Zacarias, e a asesora diplomática do presidente da República, Ana Martinho. Este,  mércores, foi presentado en Madrid ao director xeral para Europa do Ministerio de Asuntos Exteriores, Juan López Herrera. 

Esta mesma semana será enviada oficialmente ao primeiro ministro portugués, Antonio Costa, ao presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, así como á presidenta do Congreso dos Deputados español, Ana Pastor, ao presidente da Asemblea da República, Eduardo Ferro Rodrigues, e aos presidentes do catro parlamentos autonómicos da fronteira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Para establecer o retiro dourado do secretario xeral Xoán Vázquez Mao ? Como se fai para apalancarse nun posto toda a vida sen facer absolututamente nada ? Misterios do Eixo, case o mesmo que Romay Becaría ?

2 ycSz

Eliminar estas maman durrias, e que algún busque traballo.

1 anonimo

O futuro é que colaboren e se deixen de lerias.