A Xunta gastará 25.000 euros nun 'community manager' para promocionar a Semana Santa

Convoca un concurso para que unha empresa externa realice un "Social Media Plan" para dinamizar o turismo en redes sociais que custará 80.000 euros. Tamén gastará 420.000 euros en publicidade en medios dixitais para promoción turística.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/01/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

“Impulsar un conxunto de estratexias e accións de comunicación dixital da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais de Galicia, así como do Camiño de Santiago en particular, coa intención de manter a sensibilización da poboación galega, nacional e internacional así como aos sectores implicados sobre os valores do turismo en Galicia en Internet e redes socias”. Estes son os obxectivos xenéricos dunha campaña que Turismo de Galicia quere poñer en marcha neste 2018 dirixida específicamente aos medios en Internet.

Peregrinos do Camiño de Santiago (A Coruña)
Peregrinos do Camiño de Santiago (A Coruña)

En total será medio millón os euros que a Xunta destinará a esta campaña; 420.000 deles para contratar publicidade en medios dixitais e 80.000 para externalizar os servizos de promoción do turismo galego con estratexias de comunicación nas redes sociais. Deste xeito, e con esta contratación externa, pretende contratar a un Community Manager que execute un para a Axencia de Turismo de Galicia e, para iso, a empresa adxudicatara elaborará contidos (textos, imaxes e vídios) para a súa difusión nas redes sociais.

E cal será a principal función do dinamizador de redes de Turismo de Galicia?, pois mover en redes sociais, sobre todo, a Semana Santa de Galicia. Un obxectivo turístico “estratéxico” que custará 25.000 euros. E, en segundo lugar, dar pulo tamén ás últimas rutas incorporadas ao Camiño de Santiago: Camiño de Inverno e Camiño Portugués da Costa en Facebook e en Twitter. Un traballo para o que se destinarán 20.000 euros.

FACEBOOK, TWITTER E INSTAGRAM 

Ademais da difusión do turismo de Galicia e do Camiño de Santiago, a estratexia de Commnity management de Turismo de Galicia, segundo recolle o prego de condicións do concurso, deberá ter en conta tamén o incremento de likes, seguidores ou visionados de material gráfico e audiovisual das mesmas. Para iso, pídese, tan só, “realizar, como mínimo, 4 insercións diarias con texto e imaxe distribuídas ao longo da xornada en cada unha das contas de Turismo de Galicia e o Camiño de Santiago”. 

Semana Santa de Cangas
Semana Santa de Cangas

Ademais, a empresa que resulte seleccionada deberá inserir 3 post á semana en cada un dos dous blogs de Turismo de Galicia, relacionados co turismo en xeral e o Camiño de Santiago. Publicacións que serán en galego, castelán e inglés.  Tamén deberá enviar un “newsletter” a entre 20.000 e 30.000 enderezos electrónicos que lle cederá Turismo de Galicia. Usarase, principalmente, Facebook e Twitter, pero tamén Instagram.

PUBLICIDADE

Por outra banda, a maior parte do diñeiro deste concurso público será para pagar publicidade en medios dixitais coa finalidade de “xerar notoriedade de marca, apoiar a comercialización dos produtos turísticos de Galicia e incrementar o número de visitas á web da Axencia de Turismo de Galicia e do Camiño de Santiago en medios pagados”. En total, 420.000 euros.

Por iso, Turismo realizará unha campaña específica en medios dixitais para contratar espazos, principalmente, en medios non nativos, é dicir, nos xornais dixitais dos grandes grupos de comunicación e non nos medios que naceron e crecen directamente na rede. Isto implica que a maior parte do orzamento irá para os grupos de sempre, entre os que están o grupo Voz ou Prensa Ibérica, entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

8 anonimo

Igual que procesiones. O que tiña que facer a xunta é ser lista e adxudicarllo a Cidadanía de Promoción de Semanas Santas SL. https://www.lavozdegalicia.es/notic...

7 Celia

Yo creo que deberíais informaros bien de los pliegos técnicos que leeis... más que nada porque un ejercicio teórico es teórico y nada tiene que ver con la realidad. Creo que el problema es la falta de comprensión lectora...

1 Pois iso

Falando de comprensión, leÉis leva til. De nada.

6 perica

E quen controla o uso privativo de subdirectores dos coches da xunta, tarxetas de gasoil, etc. , enormes gastos que ninguén controla? E a policía autonómica porque non fai uso das súas competencias ?Nos organismos de Medio Rural é un despropósito....

5 Non ladran

Se a noticia fose que se destinou esa cantidade á promoción da nosa lingua xa estaba isto cheo de españolistas a ladrar como gastan o "seu" diñeiro (é un falar, seguro que pagan todo o que poden en negro para evitar os impostos). Mais como é algo do PP e para a relixión dá igual, pouco se gasta.

4 Edelmiro

Yo estoy de acuerdo con "Onde está a polémica?. A ver si tenemos suerte y con este impulso de la Xunta podemos alcanzar a Sevilla y Valladolid en un sentimiento tan profundo de la Semana Santa. En la Tierra no hay justicia. Pero cuando nos morimos resucitamos en el paraiso. Eso si no fuiste ni galleguista, ni votaste al Podemos gallego; al de las Mareas. O al movimiento nacionalista gallego del BNG. Menos esos, el resto vamos a ir al cielo de cabeza. ¡El resto son unos desviados!