Unha forte borrasca en Groenlandia deixa unha onda de 19 metros de altura en Galicia

É o efecto dunha borrasca moi profunda situada entre Groenlandia e Islandia que xerou moito vento no Atlántico norte.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/01/2018 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

O temporal marítimo que está varrendo o litoral galego na xornada deste mércores deixou unha onda de 19,23 metros de altura e a media das ondadas superou os 10 metros, especialmente nas zonas con alerta de nivel vermello.

Unh gran onda rompe contra a costa
Unh gran onda rompe contra a costa | Fonte: eltiempo.es

Estes datos rexistráronse ás 17.00 horas, no tramo horario de maior incidencia meteorolóxica, a través das medicións realizadas polas boias dependentes de Portos do Estado. Segundo informa Europa Press, os valores máis destacados déronse na boia Langosteira II, onde se rexistrou a de máis de 19 metros.

Noutras zonas, como a boia de Vilán-Sisargas, a ondada deixou rexistros próximos aos 10 metros, cunha altura significativa de 9,61. No sur de Galicia, déronse valores próximos ao oito metros. A boia de cabo Sillero rexistrou ondas de 7,73 metros de altura.

A situación meteorolóxica que afecta á comunidade galega está provocada por unha borrasca moi profunda situada entre Groenlandia e Islandia, xerando moito vento no Atlántico norte. A partir de agora, as condicións empezarán a normalizarse aos poucos, aínda que este xoves manterase a situación de alerta de nivel laranxa por forte ondada en todo o litoral galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta