Temas: FEIJóO RAJOY

O PPdeG xa se prepara para a era post Feijóo

O presidente galego asegura que o “seu relevo será máis doado de xestionar que o de Fraga” e carga contra Ciudadanos. “Nós no imos facer un casting para elixir candidato”, ironiza.

Por Xurxo Salgado | Feijóo | 18/01/2018 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

Feijóo está de retirada en Galicia. Ou iso semella cando se lle pregunta polo seu futuro en Galicia e en Madrid. Nos últimos días son insistentes os rumores que o sitúan xa como sucesor de Rajoy no PP. Con todo, o presidente galego segue xogando ao despiste pero sen perder a oportunidade de apuntar que, se el marcha de Galicia, hai banquillo para sucedelo.

Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Miguel Núñez

“O meu relevo será máis doado de xestionar que o de Manuel Fraga”, dicía este xoves Feijóo o ser preguntado polo seu ou a súa sucesora ao fronte do PPdeG. E, aínda que tentou esquivar as numerosas preguntas sobre o seu futuro político, non tivo problema en suliñar que o seu partido está preparado para a era post Feijóo.

Así, suliñou que o PPdeG xa está preparando as municipais, que será o gran reto do vindeiro ano, antes dos comicios europeos e autonómicos. “Xa temos un partido renovado, con xente nova, pero que aínda se ten que renovar máis”, engadiu. E, neste sentido apuntou que hai homes e mulleres “moi preparados” para sucedelo a el no 2020.

Con todo, e a pesar de suliñar que o seu relevo “será máis doado” que o de Fraga, Feijóo non quixo aventurar en quen está pensando. “Calquera con experiencia en xestión de administracións – concellos, Xunta, deputacións...-- ben pode asumir ese papel”, ironizou. Un elenco de posibilidades que, no caso do PPdeG, faise infinita, xa que chegou a gobernar as catro deputacións, máis da metade dos concellos de Galicia e a Xunta de Galicia durante os últimos 8 anos.

CASTINGS

Por outra banda, o presidente galego cargou contra Ciudadanos cuxo ascenso en determinadas enquisas, polo efecto Inés Arrimada en Cataluña, preocupa no PP de Madrid. Pero semella que non moito en Galicia a tenor das palabras de Feijóo. “Nós non imos facer un casting para poñer candidatos ás municipais, senón a xente que sabe gobernar”, respondeu ao ser preguntado polo suposto ascenso de Ciudadanos.

Feijóo canda Rajoy no acto de aniverasario da Constitución no Congreso
Feijóo canda Rajoy no acto de aniverasario da Constitución no Congreso

Así, suliñou que o seu partido “sabe goberner” e “acredita” que sabe gobernar, a diferencia doutras formacións emerxentes como a de Albert Rivera ou Inés Arrimadas. E, aínda que suliñou que se “ve con respecto” o resultado desas enquisas –que apuntan a un sorpaso de Ciudadanos ao PP--, indicou que o que hai que facer “é seguir traballando e mellorando”.

Temas: FEIJóO RAJOY
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Edelmiro

Agora queres ir de que grazas a ti o PP vai ter moito melhores resultados electorais do que dicían as enquisas. Pero si xa sabemos o xogo. Sabemos que vai ser así. Vaia quen vaia de presidenciábel. Fainos un favor. Querer ser presidente dun Estado no que o presidente lexítimo da Generalitat está en Bruselas exiliado e outros membros elexidos nas furnas están no cárcere, é que hai que ser ben filho-puta. Fainos un favor. É unha vergonha que Espanha estea en Europa. Si está Espanha ben podería estar Turquía. Pero claro. Se non están é porque non son católicos. Porque no demais son coma vos. Uns mal nacidos que facedes que moitos "espanhois" sintan vergonha de viver nun sitio onde os seus gobernantes non son demócratas.

1 Paco da Rosa

Certo, hai presos políticos e hai políticos no exilio para evitar a represión e a falla de liberdade no Estado español. E acontece baixo a mafia corrupta do Partido Podre, apoiado polos ultranacionalistas de Ciudadanos teledirixidos polas grandes empresas e os medios da caverna, coa bendición do falsario PsoE, o partido que apoian BNG e Podemos. Logo todos son sistema, todos son cómplices do asalto contra a democracia.

3 Hartito

Feijoo vaite e non volvas

2 Breogán

Banquiño hai dabondo, máis de 700.000 votantes en cada consulta eleitoral. Agora o de presidenciale ao goberno en Madrid non so cre ninguén. Non queren outro galego en 40 ou 50 anos, ollado o ollado.

1 Quesabereieu

xa o te´ñen feito, toda unha operación triunfo, calquera descendente con pedigrí váleslle (Puig? por exemplo)