Temas: PSDEG

O PPdeG négase a investigar os atrancos que poñen algunhas empresas por usar o galego

O PSdeG acusa á Xunta de agochar os datos oficiais cando se trata da administración que máis queixas recibe pola conculcación do dereito á libre elección da lingua.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/01/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Concepción Burgo, lamentou este xoves na Comisión de Cultura o veto do PP a unha proposta socialista para pedirlle á Xunta un informe sobre as denuncias ou queixas presentadas por dificultar o uso dalgunha das linguas oficiais polas administracións ou entidades públicas en Galicia.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

“Non temos ningún dato oficial sobre estas queixas que a Xunta non quere dar”, lamentou a deputada socialista ao lembrar que é, precixsamente, a administración que máis queixas recibe por conculcar o dereito á libre elección da lingua. Así, apuntou aos informes da Liña do Galego da Mesa pola Normalización, os únicos datos xerais coñecidos e que apuntan a que en torno ao 52 por cento das queixas corresponden ás administracións autonómica, estatal e local.

A administración autonómica, explicou, é precisamente a que máis queixas atesora, con funcionarios que negan a comunicación oral ou escrita en galego, ou carece de formularios alternativos ao castelán, cunha actitude que “parece contraria ao uso do galego de forma continuada”. Ademais, lembrou a decisión de Feijóo de renunciar en 2009 a exercer o dereito a garantir o coñecemento do galego nas oposicións á función pública, ou da forte redución de orzamentos, especialmente para as equipas de normalización lingüística.

“NINGUÉN PREOCUPADO”

A pesares destas evidencias, dixo, o goberno galego evita explicar se hai “alguén preocupado por reunir estes datos sobre o uso do galego” e que poida elaborar un informe “absolutamente necesario se queremos resolver os problemas da nosa lingua no país e defender os dereitos lingüísticos da cidadanía”. 

“Isto constituiría un instrumento fundamental para tomar medidas para evitar a conculcación dos dereitos dos galegos falantes e ampliar o uso da lingua xa que haxa leis que afirman o dereito lingüístico non quere dicir que non se conculque”, indicou. Neste momento, advertiu, resulta “imposible coñecer a intensidade e contidos das reclamacións, que serían fundamentais para coñecer a situación real de convivencia das dúas linguas e as áreas de especial conflitividade, que permitiran poñer algunha solución”.

Temas: PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Españolistas dades noxo

Só hai unha saída para os que queren "libertá lingüística" e "igualdá de derechos": ou se deixa de impor a todos o castelán e se fan as outras linguas oficiais ao mesmo nivel, ou se impoñen todas as devanditas linguas a todos os españois. Iso é igualdade de dereitos, o resto, historias.

2 pugnaz

Queridos amigos: voy a hacer una aportación original que nunca habéis leído en esta web. Temas como este solo pueden tratarse en serio desde una base de partida: la existencia de una sola nación española que cuenta con un solo estado unitario y el vínculo de una lengua común, que todos los españoles deben conocer. Junto a esta, pueden cultivarse las lenguas regionales o minoritarias, pero la natural acogida que debe darse a quienes cultiven con rectitud su propia lengua regional, dentro del amplio marco que ofrece la Constitución, en ningún caso puede inducir a favorece ideas con un claro cariz político, segregacionista, pugnaz y de mantenimiento del negocio clientelar de la lingua. Un cordial saludo.

1 Nexus 6

Llega un tocapelotas a una empresa privada (banco, asesoría, mutua, comercio, industria,,,) y le dice al trabajador de turno que quiere que le hable en gallego, que de lo contrario lo va a denunciar a los comisarios de la mesa para que la prensa afín lo publicite y lo presente como un ataque á nosa língua e a dignidade do pobo asoballado por Madrí e os fascistas imperialistas españois que tentan humillar aos galegos e bla, bla, bla...Eso es respeto y tolerancia y lo demás son caralladas

1 Fuera Nexus 6

Vete a inventar paridas a otro lado, que el único tocapelotas que hay eres tú. El día que conculquen tus derechos vete a quejarte a Rita la Cantaora.