Temas: DIANA QUER

O pai de Diana Quer chamou á nai do 'Chicle' para dicirlle que "ela non era culpable" e transmitirlle o seu "perdón"

Juan Carlos Que asegurou falar persoalmente coa nai de José Enrique Abuín.

Por E.P. | MADRID | 19/01/2018 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Juan Carlos Quer, o pai da moza madrileña Diana Quer, asegurou falar persoalmente coa nai de José Enrique Abuín, coñecido como 'o Chicle', o autor confeso da morte da súa filla, para transmitirlle a súa "solidariedade", a súa "pena" e o seu "perdón".

Juan Carlos Quer, pai de Diana Quer, nunha entrevista na Cadea Ser
Juan Carlos Quer, pai de Diana Quer, nunha entrevista na Cadea Ser | Fonte: Europa Press

"Cando vin á nai aparecer nos medios de comunicación chorando do modo que o fixo chameina e díxenlle: señora vostede non é a culpable, ten todo o meu perdón; porque podo asegurar que esa persoa, nunha contorna como Rianxo, está condenada para sempre", explicou nunha entrevista na Ser recollida por Europa Press.

O pai de Diana Quer, que asegurou atoparse "en paz", tamén lamentou a situación das irmás do 'Chicle' e da súa filla de 13 anos. "Pola miña banda, toda a miña solidariedade e toda a miña pena a esa familia e á súa filla á que esnaquizou a súa vida, pobre nena!".

Así mesmo, referiuse á plataforma 'A túa protección é a nosa loita' que puxo en marcha traves de Change.org con outras familias que foron vítimas de feitos similares como a de Mari Luz Cortés, Marta del Castillo, ou de Ruth e José Bretón. "O único que buscamos transmitir é que queremos protexer os nosos fillos", indicou Quer.

Temas: DIANA QUER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta