Temas: FITUR

Xantar presume da excelencia de Galicia e norte de Portugal en Fitur

O país veciño será o convidado na edición deste ano e, dentro das novidades, destacar que un restaurante de Azores ofrecerá un menú que representa a última cea no Titanic e outro de Ourense que elaborará un menú coas augas termais da cidade.

Por X.M. Fernández | Ourense | 19/01/2018 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A presentación deste evento turístico gastronómico internacional en Fitur tivo como fío condutor a promoción de Galicia e o Norte de Portugal como destinos gastronómicos de excelencia, sendo na edición deste ano Portugal o país convidado.

Presentación de Xantar en Fitur. Fonte: Expourense
Presentación de Xantar en Fitur. Fonte: Expourense

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrarase en Ourense entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro con grandes expectativas e contando co protagonismo de Portugal que presentará o mellor da súa gastronomía con catro restaurantes e numerosos showcookings e catas comentadas.

Como motivación turística en si mesma, Xantar pon en marcha tamén atractivos paquetes, paquetes “Siente Galicia”, para convidar ao viaxeiro a gozar dunha experiencia enogastronómica e temal en Ourense.

Novidades desta edición

Na 19ª edición participarán 15 restaurantes procedentes de Galicia, Castela e León (coa participación por primeira vez da Deputación de Zamora), de varias rexións turísticas de Portugal e de Panamá que repite experiencia despois de ser o pasado ano o país convidado.

A cidade anfitriona, Ourense, terá dous restaurantes presentes no salón, nun deles ofrecerá un menú novidoso elaborado coas augas termais da cidade e outro que presenta os pinchos gañadores do concurso “Sabores de Ourense 2017”. Para os amantes das carnes de calidade destacar o menú de Boaga, composto por pratos elaborados con todas as razas autóctonas de Galicia.

Pero a novidade máis exótica deste ano será sen dúbida que o restaurante temático de Azores ofrecerá un menú que representa a última cea do Titanic, servida aquel 14 de abril de 1912.

Actividades

O programa de actividades de Xantar 2018 incluirá tanto conferencias de expertos como exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustacións incluídas no denominado “Encontro internacional sobre gastronomía sustentable e saudable” que afronta xa a súa 13ª edición. Xantar contará con tres aulas gastronómicas, unha de Cara e o Túnel do Viño. Nelas participarán recoñecidos chefs procedentes de todos os destinos presentes na feira.

Temas: FITUR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta