Ferrol en Común volverá presentarse ás eleccións como candidatura sen adscrición partidaria

Jorge Suárez di que o que lle preocupa é "finalizar o mandato con dignidade, coa cabeza ben alta e con proxectos feitos para Ferrol"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2018 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), asegurou que "Ferrol en Común volverá presentarse no ano 2019 ás eleccións municipais" e farao "con toda a forza e coa mesma configuración sen adscrición de partidos políticos, cun programa de esquerdas que poida transformar esta cidade".

Jorge Suárez
Jorge Suárez | Fonte: Europa Press

Suárez rexeitou confirmar se el mesmo será o candidato á Alcaldía. "Non vou ser eu quen o decida, senón que será a asemblea. Aínda é moi pronto, temos moito traballo por diante e por facer neste ano e medio", agregou o rexedor ferrolán, quen manifestou que o que lle preocupa é "finalizar con dignidade, coa cabeza ben alta, e con proxectos feitos para Ferrol" o mandato.

Así o expresou após a reunión da asemblea de Ferrol en Común, celebrada este xoves, que contou con algo menos de medio cento de asistentes, e estivo presidida por Carlos del Río, acompañado polo propio Jorge Suárez e Álvaro Montes, portavoz do grupo municipal desta formación política.

Ademais, escolleuse unha nova mesa para presidir esta asemblea extraordinaria, para o que foron seleccionadas Xiana Penedo e Quique Permuy. O obxectivo do encontro era aprobar os novos estatutos de Ferrol en Común, coa elección dunha comisión e un calendario para avanzar nesta tarefa.

SUMAR E AVANZAR

Suárez asegurou que esta asemblea foi "completamente en positivo, conscientes das dificultades do grupo municipal. Nela, dixo, abordouse a necesidade de "seguir construíndo un proxecto colectivo de unidade popular".

Ademais, incidiu en que "todas as partes queren sumar" e remarcou que "vai seguir avanzando de cara ao ano 2019", xa que ten "boas sensacións e perspectivas, a pesar de todas as dificultades no tecido social". "Pero estimamos que temos o apoio social suficiente para repetir mandato e por iso seguiremos traballando neste sentido", agregou.

En canto ás críticas dun dos participantes por non terse concretado a promesa de remunicipalizar servizos, tal e como aparecía no programa electoral, Suárez dixo que "este foi un caso puntual, anecdótico, dunha persoa en concreto".

Con todo, defendeu que, en xeral, "o sentimento colectivo, do 99% restante, é que hai que seguir adiante tal e como se está facendo a pesar das dificultades que hai".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 anais anais

que no cuenten con mi voto nunca más para hacer fiestas , y molestar vecinos y no arreglar ni una bache nanaiiiiiii

2 anonimo

Dos tres alcaldes da Marea nas ciudades, Suárez é, con moito, o que ten o perfil mais baixo.Non ten formación, nen ideas, nen controla nada.

1 comunista independentista

E aínda así vale máis que todo o Bloque ferrolán xunto...

1 Cipollina en Tabarranialandia

Vivo sen vivir en min agardando unha maioría máis que absoluta. Será a máis absoluta das maiorías... Mi madriña, que resultados van sacar.

1 Mamadurrias ao poder!

Hai algún ser más noxento que un servil do Partido Podre? Si, é posible superalo: a Kollona do Bloque como mostra!