Gonzalo Caballero creará un “laboratorio de ideas” que o guíe para chegar á Xunta

Estará integrado por persoas do mundo da auniversidade, do asociacionismo ou sindicalismo para “escoller as mellores ideas ao servizo do país”. Anuncia que non ten previsto unha xuntanza formal cos líderes de En Marea e do BNG logo de xuntanrse con Feijóo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/01/2018 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

O novo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quere ideas para gobernar e xente que llas poida aportar. Por iso, este venres anunciou que ten en mente crear "proximamente" un “laboratorio de ideas” que sirva para "poder impulsar" o cambio político que o leve á presidencia da Xunta. 

Gonzalo Caballero na sede do PSdeG
Gonzalo Caballero na sede do PSdeG | Fonte: publico

Quero poñer mellores ideas ao servizo do país para que o PSdeG as instrumentalice para promover o progreso da sociedade galega”, dixo. "É fundamental que o PSdeG se abra á sociedade e tender pontes abertas cos cidadáns”, engadiu nun almorzo que mantivo cos xornalistas.

Sobre este “laboratorio” --tamén se referiu a el como “fundación de ideas” ou “think tank”-- dixo que aínda non ten data, nin persoas. “Miraremolo nas vindeiras semanas”, dixo ao suliñar que estará integrado por xente da universidade, do asociacionismo, dos entes sociais ou do sindicalismo. “Pero por agora é cedo para dicir nomes”, apuntou.

XUNTANZA COA OPOSICIÓN

Por outra banda, Caballero tamén aludiu a súa xuntanza oficial con Feijóo. Unha xuntanza que dirixentes do PPdeG utilizaron políticamente ao suliñar que é o líder popular quen "titoriza" á oposición.  Preguntado por se non ten pensado reunirse cos outros líderes da oposición, suliñou que ten unha "axenda aberta" para acordar temas con outras formacións pero que, polo momento, non hai prevista ningunha xuntanza oficial.

O secretario xeral del PSdeG, Gonzalo Caballero
O secretario xeral del PSdeG, Gonzalo Caballero

En todo caso, insistiu en que xa existiu "contacto informal" entre el e outros referentes do BNG e de En Marea, cos que asegurou manter unha "relación fluída no persoal e no político", con motivo das súas vistas ao Parlamento ou a súa coincidencia nalgún que outro acto oficial.

CRÍTICAS A FEIJÓO

Caballero tamén aproveitou a cita para cargar contra Feijóo e o seu goberno que cualificou de "fracaso" e criticou todas as súas receitas econḿicas porque “non permiten reactivar nin dinamizar a economía”, salientou. “Non sei porque Núñez Feijóo se colga medallas pola súa xestión cando imposibilita calquera tipo de impulso económico ou demográfico real”, suliñou.  

Por iso, como profesor de Economía que é,  reclamoulle novas medidas que incentiven a economía. “Axustar as contas é non entender a política económica dun país", engadiu ao tempo que salientou que PSdeG seguirá mantendo todas as súas accións "para que haxa un impulso" á economía galega durante esta lexislatura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta