Tellado reitera que Feijóo ten "un compromiso con Galicia até 2020" e que se abordará a súa substitución "cando toque"

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reiterou este venres que o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, ten "un compromiso con Galicia até 2020" e que a súa substitución se abordará "cando toque".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2018 | Actualizada ás 14:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reiterou este venres que o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, ten "un compromiso con Galicia até 2020" e que a súa substitución se abordará "cando toque".

Miguel Tellado
Miguel Tellado | Fonte: Europa Press

Así o dixo tras ser preguntado por mor das quinielas que esta semana o volveron a situar na política nacional se Mariano Rajoy realizase cambios no seu Executivo, unha cuestión ante a que o presidente galego xa indicou este xoves o seu "compromiso" con Galicia ata que finalice o seu terceiro mandato, en 2020.

Na mesma liña, Miguel Tellado dixo que os populares galegos están "a cumprir obxectivos e compromisos", tras o que lembrou que Feijóo "ten un compromiso con Galicia até 2020".

"A forma de servir a España que ten Alberto Núñez Feijóo é servir a Galicia", dixo Tellado, que apuntou que ao presidente galego lle queda "moita tarefa por facer".

No entanto, admitiu que o feito de que o seu nome soe en quinielas para "responsabilidades maiores" é sítoma de que "o está facendo moi ben" e asegurou que "os máis interesados" en que Feijóo se "marche a Madrid" son os seus rivais políticos, que "nunca conseguiron gañarlle unhas eleccións".

"CANDO TOQUE"

O PPdeG, apuntou Tellado, ten agora a vista posta na "seguinte cita electoral", as municipais de 2019, polo que aprazou o debater un posible sucesor para Núñez Feijóo. "Esa cuestión abordarase no momento que toque, que non é este", resolveu.

Aínda que tanto desde o PPdeG como en boca do propio Nuñez Feijóo non se dan nomes de forma oficial, nas quinielas para a sucesión do actual líder do partido figuran, entre outros, os presidentes provinciais do PP en Pontevedra e A Coruña: o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, exsecretario xeral do PPdeG e o vicepresidente do Parlamento, Diego Calvo, extitular da Deputación da Coruña.

Pero tampouco se descarta a conselleiros con experiencia no ámbito municipal como o exregidor de Ferrol José Manuel Rey Varela, de quen se dá por feito que volverá presentarse nas próximas municipais na mesma cidade. E nos círculos mesmo se chegou a apuntar como posibilidade á exministra de Fomento e actual presidenta do Congreso, Ana Pastor.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta