A postura da Xunta aboca á folga na Xustiza

O comité de folga de Xustiza tilda de "retroceso" que o Executivo galego manteña a "mesma proposta" retributiva, confirman o paro e a manifestación para o vindeiro xoves 25 e estudan unha folga indefinida para febreiro se non hai acordo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2018 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

Os integrantes do comité de folga de Xustiza analizan os pasos a dar despois dunha "moi pouco frutífera" reunión celebrada este venres, da que se levantaron menos dunha hora despois de que arrincase tras constatar "un retroceso evidente" no que respecta á postura do Executivo autonómico.

Concentración de funcionarios de Xustiza en Vigo.
Concentración de funcionarios de Xustiza en Vigo.

Fronte aos "avances" que ambas as partes constataran a pasada semana --aínda que quedaban pendentes cuestións relevantes tanto no ámbito retributivo como para as incapacidades temporais--, fontes sindicais consultadas por Europa Press lamentaron que no encontro deste venres os dirixentes da Xunta "foron coa mesma proposta".

"O único cambio é que propuñan crear un grupo de traballo para estudar a situación no que respecta ás incapacidades", relataron as mesmas fontes, antes de incidir que a proposta retributiva é "a mesma" da semana pasada, que non deixaba satisfeitos aos sindicatos.

Nesta conxuntura, os sindicatos abordarán agora os pasos a dar, tendo en conta que está convocado un paro para o vindeiro xoves 25 e xa comunicaron a manifestación en Santiago na mesma xornada. Do mesmo xeito, se non hai solución, podería materializarse a ameaza de folga indefinida en febreiro.

No encontro deste venres, participaron representantes dos departamentos de Xustiza e Función Pública da Xunta, pero non o Consello Galego de Relacións Laborais, que exerceu como mediador en anteriores encontros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta