Cales son os paxaros que viven nas depuradoras galegas

BiObserva é un proxecto de conservación da biodiversidade no que traballa Seo Birdlife e voluntarios de Viaqua.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/01/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Un total de 8 voluntarios, 21 xornadas de observación, e 189 avistamentos de aves: 26 especies na ETAP de Pontevedra, e 36 na instalación potabilizadora de Santiago de Compostela. Ese foi o traballo realizado dentro do proxecto BiObserva, unha iniciativa na que colaboran Seo Birdlife e Viaqua para coñecer como interacionan as aves ante as novas estruturas de tratamento de augas.

Voluntarios do proxecto BiObserva, de observación de aves en entornos de depuradoras
Voluntarios do proxecto BiObserva, de observación de aves en entornos de depuradoras | Fonte: Viaqua

Segundo os estudos feitos, o paxaro máis común nestes entornos naturais modificados é o o gorrión común. E, xunto a el, a lavandeira branca, o merlo común, as pegas e as abubelas.

No marco deste programa, varios empregados das ETAP de Santiago de Compostela e Pontevedra recibiron formación grazas a Seo Birdlife para recoller datos de avistamento de aves, e durante todo o ano os traballadores voluntarios recolleron as súas observacións nunha base de datos de consulta pública accesible na páxina web do programa www.biobserva.com.

Neste ano 2018 serán seis as instalacións nas que se desenvolverá este programa, xa que se incorporan ao mesmo as estacións depuradoras das cidades de Pontevedra e Santiago de Compostela, así como as dúas potabilizadoras de Ourense. Nas dúas primeiras xa se programaron a formación de voluntarios que queiran participar así como o censo de aves de inverno das instalacións sinaladas.

 

Toda a información obtida nos avistamentos xunto ao resto de información das outras 70 instalacións de Suez España que participan neste programa ambiental, permitirá a expertos ornitólogos do ICO (Instituto Catalán de Ornitoloxía)  incorporalo aos seus estudos (atlas, desenvolvemento de bioindicadores, etc.). Por outra banda, tamén se utilizará de cara á formulación e seguimento de medidas de mellora ambiental das propias instalacións. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta