Catro persoas feridas nunha colisión en Dumbría (A Coruña)

Catro persoas resultaron feridas nunha colisión entre dous coches en Dumbría. O accidente ocorreu na AC-552, á altura da planta de formigón, segundo informa o 112.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2018 | Actualizada ás 19:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron feridas nunha colisión entre dous coches en Dumbría. O accidente ocorreu na AC-552, á altura da planta de formigón, segundo informa o 112.

Un particular contactou co 112 Galicia ao fío das 18,00 horas para dar conta do sinistro. Nese momento, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informou do sucedido ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Cee, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da estrada.

Por outra banda, un camión que transportaba bobinas de cable envorcou e terminou atravesado esta tarde nun carril da A-55, ao seu paso por Tui. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a causa do accidente quedou cortada a autovía no punto quilométrico 26 en sentido Vigo, en concreto no acceso á AP-9.

Ademais, no mesmo punto e a consecuencia do sinistro do camión tivo lugar unha colisión múltiple na que se viron implicados catro turismos, sen que ningunha persona resultase ferida.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos sobre as 16,00 horas, a través do aviso dun particular. Indicou no seu relato que vira saír polo seu propio pé aos ocupantes do camión.

A partir de aí, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasou o aviso ás 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e aos bombeiros do Baixo Miño.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta