Feijóo móstrase con "máis ilusión" por traballar por Galicia que cando relevou a Fraga

O presidente do Partido Popular en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou ter "máis ilusión" por seguir traballando pola comunidade galega que cando relevou a Manuel Fraga no ano 2006 e, nun acto con militantes que serviu como pistoletazo de saída da precampaña das eleccións municipais, reivindicou a política "sen trampa nin cartón" dunha formación que ten "máis futuro que pasado" e que aposta por unha "renovación" real fronte á de partidos como Ciudadanos na que os "novos" son os que "foron pasando por distintos partidos até conseguir que alguén os acepte".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2018 | Actualizada ás 13:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente do Partido Popular en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou ter "máis ilusión" por seguir traballando pola comunidade galega que cando relevou a Manuel Fraga no ano 2006 e, nun acto con militantes que serviu como pistoletazo de saída da precampaña das eleccións municipais, reivindicou a política "sen trampa nin cartón" dunha formación que ten "máis futuro que pasado" e que aposta por unha "renovación" real fronte á de partidos como Ciudadanos na que os "novos" son os que "foron pasando por distintos partidos até conseguir que alguén os acepte".

Na Xunta Directiva que se celebrou en Santiago de Compostela, Feijóo iniciou o seu discurso con palabras de recordo a Manuel Fraga cando se cumpren seis anos do seu falecemento, resaltando que a "herdanza do presidente Fraga segue presente" nun PP de Galicia do que enxalzou a súa "unidade", a súa capacidade de "renovación", de exercer "política útil" "sen dogmatismos" e fomentando a "prosperidade sen fracturas internas nin externas", fronte a formacións "desorientadas" e cunha perspectiva "sempre en negativo".

No Hotel San Lázaro, ante militantes e representantes do Partido Popular, e coa presenza da presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, Alberto Núñez Feijóo defendeu que o PP exerce unha "política útil sen dogmatismos nin fracturas ou insultos" e deixou caer, após as voces que volveron a apuntar cara á súa posible saída política a Madrid, que ten "máis ganas que nunca" por seguir traballando por construír Galicia.

(HABERÁ AMPLIACIÓN CON FOTO)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta