As mareas reivindícanse como "o único espazo capaz de disputar a hexemonía do PP"

Noriega e Suárez cren que o proxecto de unidade popular no local está "consolidado" como "contrapeso á indigestión do PP" e denuncian o "acoso mediatico e político" que sofren. O rexedor de Santiago advirte a IU e a Podemos que "no espazo de unidade suman as persoas, non as marcas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2018 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

As mareas municipalistas celebran este sábado en Santiago a segunda edición dunhas xornadas para seguir avanzando e "tecendo redes" no camiño cara ás eleccións locais de 2019, unha cita para a que se reivindican como "o único espazo capaz de disputar a hexemonía do PP".

Martiño Noriega, Jorge Suárez, Rafa Sisto e Manuel Negreira
Martiño Noriega, Jorge Suárez, Rafa Sisto e Manuel Negreira | Fonte: Europa Press

No encontro, que arrincou ao redor das 11,00 horas deste sábado no Matadoiro, participaron os alcaldes de Santiago, Martiño Noriega (Compostela Aberta); Ferrol, Jorge Suárez (Ferrol en Común); Teo; Rafa Sisto (Son de Teo); e Val do Dubra, Manuel Negreira (Anova).

O rexedor coruñés, Xulio Ferreiro, non puido asistir por "motivos persoais", segundo confirmou o propio alcalde a través das redes sociais. Tampouco o fixo o portavoz de En Marea, Luís Villares, que na mañá deste sábado atopábase en Sarria (Lugo) nun acto da formación rupturista.

Os rexedores atenderon aos medios antes do arranque das mesas de traballo, centradas nos ámbitos institucional, organizativo, participativo e da 'Área de Compostela'; que darán paso a, xa pola tarde, unha mesa redonda sobre os retos aos que se enfrontan as mareas municipalistas de cara ás eleccións de 2019.

En palabras de Martiño Noriega, que será o encargado de pechar a xornada, a cita deste sábado ten o obxectivo de "tecer rede entre as experiencias" das candidaturas de unidade popular "tanto na acción de goberno como na oposición nos concellos" para, deste xeito, "construír un relato compartido". Así, reivindicou que o "espazo" político que representan as mareas está "consolidado" e que é o "único" capaz de "disputar a hexemonía" a un PP que, para Noriega, "fala de xestión, pero debería falar de indixestión, tanto cando está en acción de goberno como na oposición".

Alcaldes de las mareas municipalistas gallegas
Alcaldes de las mareas municipalistas gallegas

Logo de aseverar que o modelo de construír desde 'abaixo a arriba' "non se abandonou nunca", o rexedor compostelán incidiu en que "cada espazo" deberá decidir as "fórmulas" para presentarse ás eleccións municipais. "O que non se pode é dar pasos atrás no que foi un espazo compartido en condicións de igualdade onde todos nos identificamos co espazo que construímos", apuntou antes de remarcar que "o obxectivo" das mareas é "superior", xa que radica en "disputar a hexemonía ao PP" e non en "repartir leiras".

PAPEL DE PODEMOS

Noriega tamén foi cuestionado sobre as declaracións da secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, nas que mostraba o seu apoio ás candidaturas de unidade pero avanzaba que a formación morada tratará de promocionar a súa "marca" nelas porque a palabra Podemos "suma".

"No espazo de unidade suman todos. Pero suman as persoas, non as marcas", declarou o rexedor santiagués, que indicou que, a pesar da ausencia este sábado do portavoz de En Marea, Luís Villares, cónstalle o apoio do maxistrado en excedencia para "construír desde o local".

JORGE SUÁREZ

Pola súa banda, o rexedor ferrolán, Jorge Suárez, chamou a que "a fraternidade" impere entre as diferentes mareas para "seguir colaborando desde a adscrición individual para ir cambiando as cidades". "Alcanzamos un pico de votos de 400.000 persoas nunhas (eleccións) xerais e iso implica que hai moitísima xente que segue confiando en nós, que segue esperando que sirvamos de contrapeso nas cidades contra a indixestión (do PP)", engadiu.

Esta semana a asemblea de Ferrol en Común acordou presentarse coa mesma configuración sen adscrición de partidos políticos ás eleccións de 2019 nas que ten o reto de revalidar o seu goberno nunha cidade na que ningún partido conseguiu repetir.

Deste xeito, Suárez indicou que "o acoso mediático e político" que, di, padece a súa formación "está a producir un efecto inverso", polo que chamou a "traballar con honestidade e humildade" para encarar a cita do próximo ano, na que cre que Ferrol en Común "ten opcións reais".

As MAREAS E O RURAL

A xornada deste sábado tamén contou coa presenza dos alcaldes de Teo, Rafa Sisto, e Val do Dubra, Manuel Negreira, que se referiron a un dos retos que se presentan ás mareas: trasladar a súa "consolidación" no ámbito urbano ao rural galego. Para Sisto, "hai poucas diferenzas" entre as grandes cidades e os municipios pequenos, xa que "os procesos son os mesmos" aínda que deben adaptarse ás realidades de cada lugar.

Na mesma liña expresouse Negreira, que cre que "os cambios no rural sempre son máis difíciles ou, polo menos, máis lentos". "O movemento ten unhas bases comúns, pero hai que adaptalas ás especificidades de cada situación", engadiu. "Aí está o traballo político, non todo se pode facer da mesma forma, pero a base e o substrato é común", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

16 Gamela

En tempos de miserias... https://i.gal/gamela08

15 MaikelborrachoideNoia

Trolls do que queda do BNG, e outros desquiciados, dando opinións que ninguén lles pedíu e que a ninguén lle importa... Todo en orde.

1 ex-votante da coruña

Orcos mareantes do que queda do podreiros de izquierda la unitaria, e outros elementos sicofantes e demais empoderados polo dedo do alcalde "golfiño merendiño" de santiAGE de componendas, andan a marear andan a engañar, pero isto vai rematar, e vai rematar como o final dun.ha película de gansters!!!!

2 comunista independentista

Xa non votas pola Coruña?

3 Eu mesmo

Aquí un desquiciado opinando o que lle peta sen que un comunistiña de tres ao cuarto lle teña nada que censurar.

14 Gamela

Vai ser moi dificil por non dicir IMPOSIBLE que a Marea de Vigo poda siquera presentarse diante do seu electorado // https://twitter.com/Gamela2017/stat... E non será que non os avisamos con tempo !!! http://www.galiciaconfidencial.com/...

13 Luisa Fontao

Son utópica, quero acreditar. Se as Mareas abandonan Podemos e PCE, hai bons candidatos en Compostela e na Coruña (lugares onde o BNG se deberá integrar ou apoiar, non presentarse a dividir). En Ferrol pódese negociar candidato, partindo da experiencia do que hai. En Pontevedra hai que propiciar o relevo, non se pode facer eterno un alcalde comprometido coa cidade pero con tintes españolistas evidentes (touros subvencionados) e vitalicio, o candidato debe ser do BNG (aquí as Mareas deben integrarse ou non presentarse). Hai que integrar en Vigo (a vergoña do seboso que hai e dos que non están nin se esperan na maior cidade do país), Ourense e Lugo (por exemplo: das Mareas en Ourense e do BNG en Lugo). Non será difícil se o que importa é o pobo. Se priman as navalladas, se manda a UPG ou somos mandados polo PCE e por Podemos non hai integración posible. Amosade a diferenza e dádenos unha oportunidade para acreditar.

1 Acreditando

Non, os que vos tedes que integrar e non dividir sodes vós. Non o esquezas. A ver se te pensas que somos parvos: os tempos políticos mudaron. En Ferrol calquera que se una a vós... En fin.... Que se unan, que se unan! Non pintades nada sen os vosos amigos podemitas ou sen o bloque. Non tedes opción. Deixade de choromicar ou dar a lata.

2 cazarraposas

"A ver se te pensas" que somos dependentes, pois os do BNG e os do PP tedes os mesmos intereses, polo menos falades igual. "A ver se te pensas" que sen o BNG ou sen Podemos non hai vida política posible. 'A ver se te pensas" que nacemos para ser mandados, mansos cordeiros ao servizo da UPG ou da Complutense. "A ver se te pensas" que, por moito que os interesados en perpetuar as navalladas pretendades seguir dividindo a política alternativa para ter a barriga chea grazas a división, non imos destapar os vosos intereses mezquiños, entón é que non coñeces a resistencia galega.

3 cazalobitos

Non se trata de ser do bloque porque eu non son. Tratase de entender os tempos historicos.

4 cazarraposas

E dalle co mantra dos tempos históricos... A oportunidade do BNG e de Podemos xa pasou! Ahora estamos nos tempos futuros, construir onde hai lugar para todos, onde BNG e Podemos poden participar e deben sumar desde a base. Non de protagonistas fracasados, píllalo?

12 Elfo

Hai dous días Viyares era o máis guapo e o que máis melena tiña, elixido polo triunvirato de inminentes ex-alcaldes rebeldiyos e agora o contraprograman. Por que despedistes a Rodri?