En Marea considera "totalmente inaceptable" a ruptura das negociacións co comité de folga de Xustiza

O portavoz de En Marea, Luís Villares, reclamou á Xunta que volva á mesa de negociación cos traballadores de Xustiza, á vez que acusou ao vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda, de estar "máis interesado en encubrir os casos de corrupción que en pór os medios e recursos necesarios para loitar contra ela".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2018 | Actualizada ás 19:48 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, reclamou á Xunta que volva á mesa de negociación cos traballadores de Xustiza, á vez que acusou ao vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda, de estar "máis interesado en encubrir os casos de corrupción que en pór os medios e recursos necesarios para loitar contra ela".

Villares
Villares | Fonte: Europa Press

Así, segundo recolle un comunicado de En Marea, Villares tachou de "totalmente inaceptable" a ruptura das negociacións co comité de folga e ve "especialmente grave" que o Goberno galego non respecte a "posición unánime" do Parlamento galego de apoiar as demandas dos traballadores de Xustiza.

"É fundamental contar con bos medios persoais para a loita contra a corrupción e en xeral para mellorar as condicións da administración de Xustiza do noso país", continuou Villares.

Nesta liña, cargou contra Alfonso Rueda, ao que acusa de "ocuparse e preocuparse unicamente de tapar os casos de corrupción que en concellos como o de Valga están atenazando o seu partido".

"Unha vez máis este tipo de comportamentos deixa ao descuberto a verdadeira natureza do PP e a súa falta total de vontade para acabar coa corrupción", concluíu Villares.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta