Ciudadanos Galicia tamén rompe o seu pacto de non agresión co PPdeG e critica a "soberbia" de Feijóo

Acúsao de "mirar máis" para Madrid que para Galicia e pídelle que “pense nos galegos”. Acláralle que os cargos desta formación “non veñen de listas doutros partidos” porque "pensan en política a longo prazo".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 21/01/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Ciudadanos Galicia decidiu romper unha especie de pacto de non agresión que tiña co PPdeG. E fíxoo logo de que o presidente da Xunta disparara primeiro contra eles.Por iso, non tardou nin un día en respostar ás palabras do presidente da Xunta que, por primeira vez, decidiu atacar duramente a esta formación política. "Ciudadanos ten 0 escanos en Galicia", suliñaba o líder popular ao lembrar que moitos dos seus cargos son "rebotados" doutros partidos. "Que Feijóo deixe de pensar en si mesmo e en Madrid e pense nos galegos", respondíalle a portavoz de C'S Galicia, Olga Louzao.

"Leva anos preparando a súa escalada a Madrid e, para iso, supeditou os intereses de Galicia aos intereses do seu partido, obrigando aos galegos a realizar esforzos extras para poder presentarse como salvador da crise económica”, espeteulle. Logo da celebración dun comité autonómico, criticou ao presidente galego porque dixo, “Galicia sofre a súa subordinación” e “carece de autocrítica do mesmo xeito que o PP”.

Así, aclaroulle que os cargos desta formación “non veñen de listas doutros partidos” porque "pensan en política a longo prazo". "A soberbia coa que o Sr Feijóo se refire á nosa formación indícanos que se está facendo un bo traballo e así continuaremos traballando, demostrando que chegamos para quedarnos”.

Ademais, a portavoz de Cs Galicia dixo que, se o AVE non chegou aínda a Galicia, “é pola falta de interese dos últimos gobernos de España" e da Xunta. Por iso pediu a Feijóo que "non enganen aos galegos”.

Olga Louzao, voceira autonómica de Ciudadanos en Galicia
Olga Louzao, voceira autonómica de Ciudadanos en Galicia | Fonte: xornaldelugo.com

Inés Arrimadas, Albert Rivera e José Manuel Villegas, de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017
Inés Arrimadas, Albert Rivera e José Manuel Villegas, de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta