Galicia terá dúas eurodeputadas nacionalistas por primeira vez no Parlamento Europeo

Ana Miranda incorporarase ao seu escano en Bruxelas o 28 de febreiro tras o pacto acadado na coalición Os Pobos Deciden. Únese a Lidia Senra, que acadou escano dentro da coalición galega AGE-Europa.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 21/01/2018 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

Ana Miranda sumarase a Lidia Senra no Parlamento Galego. Será a primeira vez que o Parlamento europeo teña dúas eurodeputadas nacionalistas galegas. Miranda tomará posesión do seu escano como eurodeputada o vindeiro 28 de febreiro e ata fin de lexislatura en maio de 2019, collendo o revelo de Josu Juaristi dentro da coalición Os Pobos Deciden, coa que o BNG concurriu aos pasados comicios a Eurocámara con Euskal Herria Bildu (EH Bildu) e outras formacións minoritarias de esquerda nacionalista, como a aragonesa Puyalón de Cuchas, a asturiana Andecha Astur, ou as formacións canarias Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) e Unidad del Pueblo (UP).

Ana Miranda Intervén Na UE
Ana Miranda Intervén Na UE

Será pouco máis dun ano de actividade parlamentaria na que coincidirá con Lidia Senra, militante nacionalista elixida nunha coalición galega de partidos, AGE-Europa, e que leva en Bruxelas desde o 2014.

Como eurodeputada, Ana Miranda ocupara os seu escano dentro do Grupo Verdes-Alianza Libre Europea/ALE, tendo en conta que o Bloque forma parte desde 2004 deste espazo e dando continuidade a traxectoria de traballo que o BNG leva desenvolvendo dentro deste Grupo parlamentario da Eurocámara.

Pola súa banda, Lidia Senra forma parte da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica no que están integrados Anova, IU, Podemos e Bildu, que decidu incluírse neste grupo e non no de ALE. Desde hai un ano, Senra está como eurodeputada nacionalista --forma parte de Anova-- non adscrita ao decidir marchar de AGE-Europa polas presións exercidas por Izquierda Unida. Desde que está na Eurocámara, Senra impulsou iniciativas a prol da pesca, da agricultura, dos sectores estratéxicos de Galicia, do benestar social, do patrimonio ou en contra da eucaliptización de Galicia.

Miranda

Ana Miranda volve á Eurocámara logo de anos de ausencia. Alí tiña desenvolvido un intenso traballo político, sobre todo, en asuntos relacionados coa pesca ou o agro. Tamén levou a Bruxelas o sinistro do Alvia e iniciativas en relación a vaga de lumes ou denunciando, o espolio do patrimonio do pobo galego por parte dos herdeiros do franquismo, ou a exclusión de Galicia de infraestruturas básicas como o corredor atlántico de mercadorías, entre outros asuntos.

Lidia Senra
Lidia Senra

Segundo apunta o BNG nun comunicado, a toma oficial do escano "permitirá reforzar a capacidade de actuación política do Bloque para sacar adiante as cuestións que afectan ao país, en particular as vinculadas aos sectores produtivos estratéxicos como pesca ou agricultura, medioambiente, o saneamento integral das rías ou a ampliación da Rede natura en Galiza".

Europarlamento, o Parlamento Europeo en Bruxelas
Europarlamento, o Parlamento Europeo en Bruxelas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Abelardo X del Caño

Escusade! Unha pequena puntualización: con todos os respetos para a Sra. Senra e a sua organización, tan respetabel ela, nacionalista é quen defende a sua nación dende a autoorganización, sen entrar en poleiros alleos....como é o caso. A Sra. Senra e a organización que representa son un apéndice dun movemento estatal, fondamente galego nos deputados do noso país sen dúbida, mais non nacionalista. O contrario sería sinalar a calquer deputado do PP ou PSOE que por defender a cota da pescada de Galiza en Europa, por exemplo, fora denominado nacionalista.......

5 Ulrike M

Moi hábiles os de GC creando un titular da nada para que mareantes e bloqueiros se insulten unha vez máis.

4 comunista de Botín

IU calificou como tránsfuga a deputada "nacionalista" que promove o castelán no parlamento europeo porque lle deixou de pasar cartos disque

3 Xanc

Unha deputada nacionalista BNG e unha da esquerda española de Podemos. Lembremos cando renegaron de Galicia e do nacionalismo, dicindo que o nacionalismo restaba, que querían romper os marcos de non sei qué, qué Galicia non era autosuficiente. AGE e Podemos non son nacionalistas nin soberanistas, dito por eles mesmos

1 O que queda do BNG

Lidia eurodeputada de Podemos? Hai que ser ignorante e vivir na burbulla do Sermóns Mexuto para dicir semellante burrada. Lidia encabezou a candidaturda de AGE: 106.189 votos, o 10.52 %. PODEMOS ía noutra candidatura e en Galiza acadou 84.216 votos, o 8.34 % quedando por riba do teu BNG e os seus ridículos 79.732 votos, o 7.9 %. Seguide dicindo trolas e parvadas, que así vos vai.

2 Vacinate ho

É certo que foi na lista de IU, non na de Pablemos (ex-asesores de IU), foi antes de que se uniran. Hai enfermidades que estaban erradicadas e volven grazas ao chiste dos antivacinas, son cosas suyas, hai que respetar otras creencias. Fanche graza todos os mortos que podían evitarse por isto? Boa a fixestes non pedíndolle a dimisión inmediata

2 STOP COMUNISMO EXPAÑOL

por favor a lidia chiripas non e nacionalista e deputada de izquierda la unitaroa IU (ilusionistas unidos) venderon ilusions e outras historietas, pero eles se empoltronaron os comunistoides expañolentos viven no mais alto, o -Vieiras sentou escola de bo vivir de boviant, de bon vivre as viandas que toman son boas de alta categoría, pernas de cordeiro, xato selecto e que mariscos meus... que mariscos as mellores langostas de arxentina, nécoras, -vieiras (os monuscos gasterópodos non o político vello atoleado) ... non lles falta de nada as suas excelencias e traballan pouco, algún-ha como a lidia chiripas (mileidy a pócimas) ten ideas raras como o das antivacinas... con ela a esperanza de vida caería o nivel de bostswana, de Malawi, de sudan do sur... morreriamos todos os 45, e os bebitos catampun o andacio e os vellos a gripe ... as funerarias farianse ricas!!! COMUNISMO E EXPAÑOL O NOME XA O DI TODO!!!!

1 comunista independentista

Gonzalito, (b)loquito, cada vez que "comentas" o teu adorado Bloque perde un milleiro do votos máis. XDDDD Segue así, campión. XDDDD