Dous homes enfróntanse a 3 anos e medio de prisión por agredir a dúas persoas na lonxa de Cabo de Cruz

Dous homes enfróntanse a unha pena de tres anos e medio de prisión por agredir ao presidente e ao vicepresidente da Confraría de Cabo de Cruz --Boiro (A Coruña)--. O xuízo terá lugar o vindeiro xoves nos xulgados de Santiago de Compostela.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2018 | Actualizada ás 12:32 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dous homes enfróntanse a unha pena de tres anos e medio de prisión por agredir ao presidente e ao vicepresidente da Confraría de Cabo de Cruz --Boiro (A Coruña)--. O xuízo terá lugar o vindeiro xoves nos xulgados de Santiago de Compostela.

Segundo apunta o escrito de Fiscalía, os feitos producíronse na tarde noite do 20 de maio de 2013 no interior da lonxa de Cabo de Cruz minutos despois de que finalizase unha asemblea da confraría de pescadores da localidade do Barbanza.

Ao termo da reunión, os procesados, JC.R.M. e G.O.T., achegáronse ao presidente e ao vicepresidente da entidade e "despois dun intercambio de insultos", agredíronos.

O primeiro deles caeu ao chan e alí recibiu varias patadas na cabeza que, ademais de hematomas e contusións, tamén provocaron que perdese un dente. Pola súa banda, a segunda das vítimas recibiu unha cabezada na boca e un par de patadas no xeonllo.

Así as cousas, o Ministerio Público pide impor aos acusados unha pena de tres anos e seis meses de prisión por un delito de lesións e fixa as indemnizacións a percibir polos agredidos en 3.600 e 1.100 euros, respectivamente.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta