Temas: FEIJóO XUNTA

As cinco persoas de confianza de Feijóo “que teñen un mérito de carallo”

O presidente da Xunta deu a coñecer o pasado sábado con nome e apelidos as persoas máis próximas e que o axudaron a chegar onde está.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/01/2018 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo chegou á Presidencia da Xunta grazas a parte do aparato do seu partido, a respaldos mediaticos importantes e, sobre todo, ao apoio incondicional de determinados colaboradores. Algúns deles levan con el desde hai moitos anos, mesmo desde os seus inicios políticos.

Feijóo, Mar Sánchez e Lucas Martinón
Feijóo, Mar Sánchez e Lucas Martinón | Fonte: xunta.gal

Son eses apoios os que fan que Feijóo estea ao tanto do que acontece na Xunta e no seu partido e tamén os que diseñan os seus discursos e as estratexias políticas. Nunca fala deles, cando menos, públicamente, pero o outro día, despachouse a gusto e mesmo se emocionou nun discurso que sonou a despedida.

OS SEUS CINCO APOIOS

Foi durante a Xunta Directiva do seu partido. Alí, e rodeado dos principais dirixentes do PPdeG, doce anos depois de asumir o liderado do PPdeG, recoñeceu o tropezo das municipais e resaltou o papel dos seus antecesores, principalmente, de Manuel Fraga.  Pero o seu gran recoñecemento foi para cinco persoas:  Mar Sánchez, Álvaro Pérez, Lucas Martinón, Isabel Figueira e Marta Varela.

“Eu traballei só con cinco persoas máis directas que me tiveron que aturar todos os días e aínda seguen aturandome todos os días: Mar Sánchez, Álvaro López, Lucas Martinón, Isabel Figueira   e Marta Varela. Todos os días. Iso si que ten mérito e como nunca o dixen e hoxe estamos de celebración me corresponde. Iso ten un mérito de carallo”, asegurou.

Álvaro Pérez na toma de posesión do seu cargo, con Feijóo
Álvaro Pérez na toma de posesión do seu cargo, con Feijóo | Fonte: xunta.gal

Os aludidos son Mar Sánchez, secretaria xeral de Medios e que leva con Feijóo desde a súa etapa en Correos, Álvaro Pérez; director xeral do Gabinete da presidencia; Lucas Martinón, director xeral de Comunicación; Isabel Figueira, secretaria técnica da Presidencia e Marta Varela, xefa de comunicación.

Temas: FEIJóO XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Breogán

Esqueceuse de eldorado.

2 eusi

Asi como poñen tanto empeño en conseguiren o poder o puxeran en traballar, outro galo cantaria, non si Frijolito: cómo deixaches Correos? Todo o que tocas afúndenlo, e agora Galiza!

1 Orgulloso

Mira, son unhas persoas que traballaron moi duro e con moito mérito para lograr que esta comunidade fose o grande que agora é. E, sinceiramente, non creo que a xente que se pon a criticar GRATUITAMENTE poida mellorar o gran teballo que fan. Un saúdo

1 Don Pimpón

Adeus Alberto, saúda aos leóns dese sitio da miña parte. O bo xestor que endeudou Galicia. Complicado facelo peor. A ver se reventas resto do estado.