Temas: CIUDADANOS

C's Galicia ataca os nacionalismos e asegura que fomentará o bilingüismo

A portavoz de Cs en Galicia cre que "irromperán con forza" en Galicia e asegura que o propio Feijóo está "moi próximo" ao discurso de C'S. Asegura que non ten problemas en pactar co PPdeG ou co PSOE .

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2018 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

A portavoz de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzao, deixou claro que a súa formación defenderá o bilingüismo en Galicia porque hai dous idiomas e a xente debe falar aquela na que "está máis a gusto". Ademais, criticou aos nacionalismo e dixo que loitarán contra a "supremacía" que queren impor os partidos nacionalistas.

Olga Louzao, voceira autonómica de Ciudadanos en Galicia
Olga Louzao, voceira autonómica de Ciudadanos en Galicia | Fonte: xornaldelugo.com

Nunha entrevista en Radio Nacional recollida por Europa Press, Olga Louzao avogou polo bilingüismo, defendendo que "Galicia ten o orgullo de poder ter dúas linguas cooficiais" e que os representantes de Cidadáns utilizarán "indistintamente", defendendo o uso "na que sintas máis a gusto" e rexeitando que "o idioma sirva como arma política".

Neste sentido, e en alusión ao nacionalismo, aseverou que C's, como "quedou claro en Cataluña", non está de acordo "coa supremacía que queren impor os partidos nacionalistas". "Sentímonos moi galegos, moi europeos e moi españois e queremos seguir defendendo iso", engadiu, "estamos na situación na que estamos porque se lles deron demasiados privilexios a demasiadas forzas políticas, pero iso non implica que non nos sintamos igual de cataláns ou galegos".

FEIJÓO "MOI PRÓXIMO" A CIUDADANOS

Ademais, mostrouse confiada en que a formación "vai irromper con forza en Galicia", a pesar de ver a Alberto Núñez Feijóo, o actual presidente da Xunta de Galicia, como "moi bo candidato" e cun "discurso moi próximo aos postulados e as ideas" da formación 'laranxa'.

Reparto de propaganda electoral de Ciudadanos
Reparto de propaganda electoral de Ciudadanos | Fonte: elconfidencialautonomico.com

Así, interpreta que os recentes resultados de Ciudadanos en Cataluña marcan "un antes e un despois" e unha "nova etapa" na política en España, aínda que admitiu que en Galicia a súa formación tivo "moi pouco tempo para asentar un proxecto político". A pesar de que os resultados das últimas eleccións autonómicas, nos que C'S non obtivo representación en Galicia, "non foron moi favorables", sostén que "vai irromper en Galicia con forza, cun discurso que os galegos van ver como algo novo, como un aire fresco".

Neste sentido, mostrouse convencida de que "os galegos tamén queren caras novas, xente nova, ver que outros partidos políticos tamén poden achegar". "Non temos ningún problema en recoñecer que Feijóo o fixo ben, pero tamén fai cousas que non podemos compartir".

A tamén portavoz do partido 'laranxa' no Concello de Lugo, Olga Louzao está á fronte de Ciudadanos desde o pasado Comité celebrado en xullo, cunha presenza política que asegurou encarar como unha "nova etapa" na que confía en pechar os enfrontamentos internos pasados e que atribuíu á fase de formación na que se atopaba Cidadáns en Galicia.

ABERTA A PACTOS CON PP E PSOE

Louzao móstrase aberta en Galicia a acordos políticos, lembrando que a nivel nacional chegouse a un pacto posible con PSOE e a un acordo co PP, e avoga por alcanzar "puntos de encontro e reformas imprescindibles".

No entanto, enmarca os acordos en que se trate dun "goberno limpo no que se poida achegar para romper coa imaxe que levou á desconfianza na política dos cidadáns", algo contraposto coa situación que xurdía a nivel nacional, engadiu, "cun goberno azoutado pola corrupción e coas ideas non moi claras".

En todo caso, puxo en valor o crecemento de Cidadáns en Galicia, con 30 agrupacións na actualidade e cunha maior experiencia política que sostén que tamén se reflectiu a nivel nacional e lonxe da cualificación de "moda" que a formación recibiu.

Temas: CIUDADANOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

10 Arturo

Todo ese aire " novo", etc que pretende apresentar CS é falso : ideas vellas, " libertade económica" ( ou sexa desregularización ), baixada de impostos as empresas, reducción do Estado: liberalismo do século XIX. Non sei coma hai xente ( sen formación algunha , claro ) traga eso de " aires novos", " modernizar o sistema", " vento fresco" e todo eso

9 Pondaliao

Qué bilingüismo ides fomentar se nen sequere dominades unha língua, castrons!

8 Ciudadanemos

É un partido cos pes de barro, un partido-cometa, igual que Pablemos. Xurdiu do apoio mediático e morrerá cando os medios do PP queiran. O PP ten implantación e bases. Si está ben o do 50% que din por aí, suporía unha verdadeira revolución que as horas lectivas en galego fosen o 50% e non o 10% actual.

7 Laranxiño

Cs en un par de años superará al nacionalismo en Galicia. Si lo logró en Cataluña en apenas diez años en Galicia resultará un paseo militar. Tiempo al tiempo.

1 Paco da Rosa

Ciudadanos superou o nacionalismo en Cataluña? Un 25% supera un 48%? Nova matemática, supoño! Considerando que 36 deputados é un bon resultado para Ciudadanos, agora fai memoria, lembras cando o PSC tiña 42 escanos, en 14 anos foronse co vento... Por tanto, os escanos de Ciudadanos son volátiles, efémeros... Gostei do paseo militar: as veces o subconsciente dos soldados de Ciudadanos aflora!

6 Vijo

En Galicia o PP ten unha boa masa de votos clientelares, como o PSOE en Andalucía e Extremadura. Pero todo acábase e agora xa é o tempo de formacións novas como Cidadáns a quen todas as enquisas dan gran subida.

1 Tocabolas

Pois pasariamos da Mer da a Secas: PP, á Mer da ao Cadrado: CS......que o PNV nos vala!!!!!!!!....ou incluso o SNP......Galiza afúnde-se-nos!!.