Yolanda Díaz pon en dúbida o liderado de Villares en En Marea e aposta por "unha muller"

A portavoz de En Marea no Congreso asegura que lle "encantaría" que unha muller liderase o proxecto de En Marea pero descártase para o cargo. Evita pronunciarse sobre que outra muller lidere tamén as candidaturas municipalistas na Coruña, Santiago ou Ferrol.

Por E.P. | Compostela | 21/01/2018 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, asegurou que en España se está vivindo a "revolución feminista" ante unha situación de retrocesos na igualdade "indecente", polo que avanzou que lle "encantaría" que unha muller liderase o proxecto de En Marea, aínda que se descartou para o cargo. Unha "revolución feminista" que ve ben para liderar En Marea, pero non para liderar as distintas mareas municipalistas, sobre todo, en Santiago, A Coruña ou Ferrol.

Yolanda Díaz e Pablo Iglesias, nunha rolda de prensa no Congreso
Yolanda Díaz e Pablo Iglesias, nunha rolda de prensa no Congreso

Nunha entrevista concedida á Cadea Ser recollida por Europa Press, a deputada de en Marea, deixou ver a existencia de diferenzas internas dentro de En Marea, diferenzass que, con todo, non quixo trasladar ás mareas municipalistas onde Izquierda Unida segue apoiando aos alcaldes de Santiago, A Coruña e Ferrol --este último militante desta formación--.

Unha situación que evidencia os problemas que existen dentro de En Marea, onde Villares non conta co apoio orgánico de Izquierda Unida, Anova ou Podemos, pero si de moitos dos seus militantes e correntes internas. Diferenzas que tamén existen nas grandes mareas municipalistas onde, non obstante, as direccións destes partidos tentan chegar a acordos para manter as fórmulas coas que chegaron a grandes alcaldías como Santiago, A Coruña ou Ferrol.

Preguntada pola elección de candidato en primarias en En Marea, asegurou que sempre defende que "unha muller tome as rendas", "se algo está a cambiar é a revolución feminista, e as mulleres piden paso, non só por unha cota merecida, que hai que ter, senón porque a outra forma de facer as cousas as mulleres, esoutra intelixencia da que están a privar a unha parte do sector público".

No entanto, quixo despexar dúbidas respecto diso e descartouse para o cargo. "Yolanda Díaz está moi tranquilita facendo o que está a facer", aseverou, pero a continuación engadiu que En Marea dispón de mulleres "supervaliosas" para afrontar un reto "que non queda en San Caetano", senón que amplía ás alcaldías. "Luís Villares sabe que isto é un factor democrático de primeira magnitude", puntualizou.

Rubén Pérez, Eva Solla e Yolanda Díaz tras unha xuntanza da dirección de EU en Galicia
Rubén Pérez, Eva Solla e Yolanda Díaz tras unha xuntanza da dirección de EU en Galicia | Fonte: EP

"Os retrocesos que estamos a sufrir non son menores en ningún sentido: nin no laboral, cunha brecha salarial do 24%; a que temos en materias de pensións, unha indecencia; estamos a ser asasinadas, violadas, sufrimos retrocesos nos dereitos sexuais, reprodutivos...", engadiu, remarcando que por iso "é moi importante que as mulleres lideren os proxectos".

"EN MAREA CHEGOU PARA QUEDAR"

Por outra banda, ante o futuro de En Marea e as dúbidas da dirección galega de Podemos, Yolanda Díaz mostrouse tallante. "En Marea chegou para quedar, e imos traballar para isto. Eu non creo nas organizacións como un fin en si mesmo, creo que temos que seguir os mandatos que nos dá a cidadanía", engadiu, mostrándose "totalmente segura" de que "non hai ningún paso atrás" e que é o momento tamén de "atender a moitos máis municipios do país, por tanto, a sumar".

"FEIJÓO É O PRESIDENTE MÁIS INVISIBLE" QUE TIVO GALICIA

En opinión de Yolanda Díaz, "Feijóo é o presidente máis invisible e menos presente nas problemáticas do país", tanto no referente "á posición de Galicia no conxunto do Estado" como a cuestións "delicadas" como o financiamento, e exemplo "dunha xestión inexistente", cunha "AP-9 vetada por Rajoy" ou "un Ministerio de Fomento tomando o pelo" aos galegos. "A Feijóo nin está nin se lle espera", engadiu.

Con todo, ante a posibilidade de que non repita como candidato do PPdeG, Yolanda Díaz matizou que "as persoas son importantes en política" pero "a posición do PP en Galicia é relevante e nunca hai que baixar a garda".

Neste contexto, defende que o que lle "preocupa" é "tecer unha alternativa de posicións democráticas que sexa gañadora", coa que a formación poida "gobernar na Xunta, porque Galicia necesita dunha vez por todas unha remuda das políticas para mellorar a vida da xente", ante unha realidade que perfila con "datos demoldeores, salariais, de pensións, de pobreza ou demográficos".

Aínda que admite que En Marea está "en construción", que "leva moi pouco tempo" en termos políticos, aposta por "corrixir erros e avanzar nos acertos", para "estar á altura do que a cidadanía quere", ofrecendo unha "alternativa programática cuantificada". "Galicia ten que ter un programa non de mínimos senón para gobernar mañá mesmo".

PEDRO SÁNCHEZ, UNHA "DECEPCIÓN"

No que respecta á política en ámbito español, eludiu valorar a situación de Unidos Podemos facendo virar o debate cara ás decisións adoptadas polo Partido Socialista que asegurou que supuxeron unha "decepción forte".

"Despois das primarias socialistas pensei que ía haber un cambio, aí si que levei unha decepción forte, parece que está pechada a posibilidade máis próxima de quitar a Mariano Rajoy da Moncloa", a pesar de que se trata dunha situación "dramática", co "goberno máis corrupto da contorna europea".

Nesta liña, asegurou que "se o PSOE quixese sacalo de Moncloa podería". "Nós non tiramos a toalla, sería facer unha moción de censura e votar, estamos a ver todas as tramas de corrupción masiva do PP, é unha vergoña que teñamos un partido sentado en tribunais, con clara rede de financiamento irregular do PP, e que haxa dous axentes, por unha banda Albert Rivera que di que quere ser alternativa pero está a sustentar ao goberno, e por outra o Partido Socialista", desde o que xa se asegurou que se "vai a permitir que Mariano Rajoy vaia a seguir na Moncloa".

"A tristeza que sinto é que Pedro Sánchez se presentou ás primarias cun programa que non vai cumprir", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

17 ánimo guapísimas

Di Yolandita: "as mulleres piden paso, non só por unha cota merecida, que hai que ter, senón porque a outra forma de facer as cousas as mulleres, esoutra intelixencia da que están a privar a unha parte do sector público". Sobran exemplos desoutra "intelixencia" que fai tan superiores ás mulleres: Ana Botella, Manuela Carmena, Susanita Díaz, Corina Porro, a propia Yolandita...

16 anonimo

Que nomeen a Pan.

1 sermos mantidos

O ideal para liderar era un trio que unira sensibilidades: Yoli Procesiones, Ángela Bocazas Pam e Ana Pontona. Unha candidatura unitaria dirixida por mulleres fieis do aparato, trepadoras e cunha única misión na política: sobrevivir eternamente do conto. De oficio, política profesional e Ben remunerada! E terían a benzón do PCE, de Podemos e da UPG. Non gañamos por que non queremos!

15 Celidonio

Non entendo como a estas alturas Yolanda segue como deputada, representante da esquerda plural e aspirante a candidata eterna. O pior, aínda hai serventía agradecida que lle tapa o rabo, domésticos agradecidos que naceron para servir a ama . A razón que o explica debe ser a baixa estima de moitos galegos agradecidos por servir ao señor ou señora de turno, que hoxe votan Partido Podre e mañá PsoE, e, como moito, aupan a nova caste dominante do PcE ou da UPG con Yolanda ou Ana Pontón, nacidas para vivir do conto da política profesional. Aquí é onde se mira a debilidades, fraqueza e falsidade das Mareas de Podemos e do BNG como alternativa. Se viven do sistema, que outra cousas piden facer que defendelo? O paripé hai que destapalo e librarse do unto!

1 Ola loquito

Te tomastes la pastillita

14 Alén

Que descojone se traen los arribistas de Izquierda Unida la española

13 Poltronascomunistas

Cuando se prueba el sabor del caviar y del champagne ya no se quiere cava y butifarra.