A néboa en Andalucía obriga a cancelar un voo entre Sevilla e Santiago

A néboa provocou este domingo dúas cancelacións de voos con orixe no aeroporto de Sevilla, un deles con destino ao aeroporto de Lavacolla de Santiago de Compostela.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2018 | Actualizada ás 17:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A néboa provocou este domingo dúas cancelacións de voos con orixe no aeroporto de Sevilla, un deles con destino ao aeroporto de Lavacolla de Santiago de Compostela.

Así o confirmou a Europa Press unha portavoz de Aena, que precisou que as cancelacións de voos afectaron a voos con orixe no aeroporto da capital hispalense e con destino en Valladolid e Santiago de Compostela.

No entanto, desde Aena destacaron que, desde as 12,10 horas deste domingo, o aeroporto de Sevilla operan con normalidade grazas a unha mellora das condicións meteorolóxicas.

O voo cancelado, da compañía irlandesa Ryanair, tiña previsto chegar á capital galega ás 13,05 horas deste domingo. Debido á néboa que cubría a capital hispalense, o avión non chegou a despegar.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta