Detectados 6 casos de suposta responsabilidade penal por parte de centros psicotécnicos en 2017 en Galicia

O fiscal coordinador de Seguridade Viaria de Galicia, Carlos Gil, asegurou que en 2017 detectáronse en Galicia 6 casos de psicotécnicos galegos que poderían incorrer en "algunha responsabilidade penal" á hora de expedir certificados para a renovación do permiso de conducir.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2018 | Actualizada ás 18:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O fiscal coordinador de Seguridade Viaria de Galicia, Carlos Gil, asegurou que en 2017 detectáronse en Galicia 6 casos de psicotécnicos galegos que poderían incorrer en "algunha responsabilidade penal" á hora de expedir certificados para a renovación do permiso de conducir.

En entrevista na Radio Galega recollida por Europa Press, explicou que tras analizar o pasado ano 400 casos en Galicia de condutores sen as condicións físicas ou psíquicas para conducir, detectáronse "seis supostos, seis de todo o que se fixo", que foron remitidos ao Xulgado do Penal ante algunha posible responsabilidade penal do centro psicotécnico.

Carlos Gil resaltou que o perfil de delincuente viario que máis lle preocupa ao Minsiterio Público é o do reincidente. A pesar de asegurar que a incidencia é escasa, entre un 1 e un 2 por cento do total, destacou que aínda é "perigosa". Segundo Gil, o "93 por cento das condenas foron por conducir baixo efectos do alcol ou por conducir sen permiso", sendo sobre estes condutores sobre "os que hai que actuar".

Con todo, Gil mantén que non é preciso endurecer as penas. Argumentou que "o que queira vulnerar a lei, que saiba que se o fai, vai ser sorprendido, que non hai impunidade", e engadiu que, "ameazar con máis pena, ameazar con no canto de seis meses de multa cun ano non vai quitar nada".

En opinión do fiscal, "o importante son as tarefas de control e vixilancia" que deben facer as policías xudicial e de tráfico e defendeu que se realice "máis presión sobre o condutor infractor". Así, aposta por realizar un reforzo dos controis, mesmo con axentes de paisano, para os reincidentes que acumulen tres ou máis condenas en cinco anos.

En canto a datos, cifrou en máis de 8.000 os controis de drogas efectuados en Galicia o ano pasado, dos que o 44 por cento deron positivo, e en 700.000 as probas de alcoholemia.

En todo caso, o Fiscal bota en falta máis traballo en materia de Educación Viaria, sobre todo no que respecta á reciclaxe dos condutores veteranos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta