O 061 atendeu a 59 persoas debido a 43 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana en Galicia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 59 persoas durante a fin de semana debido a 43 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega. O venres foi a xornada con máis incidentes, con 18 sinistros.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2018 | Actualizada ás 09:27 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 59 persoas durante a fin de semana debido a 43 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega. O venres foi a xornada con máis incidentes, con 18 sinistros.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Europa Press

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres e as 23,59 horas do domingo un total de 58 chamadas en relación con accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 58. En concreto, as ambulancias saíron en 52 ocasións e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en seis sinistros.

En 52 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en sete ocasiones recibiron atención no lugar do incidente.

A proporción de homes e mulleres atendida foi do 50 por cento en cada caso e en canto ás idades dos feridos, o 28% dos asistidos tiña entre os 25 e 39 anos.

Pontevedra, con 22 accidentes, foi a provincia que rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña, con 16; Lugo, con tres; e Ourense, con dous.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Braulio

Vaia, fan boa labor,pero medicalizadas cantas ai? Porqe as outras.levan os médicos e enfermeiras dos Centros d Saúde é dos Pacs. Así q menos propaganda. Por argo os matades a coller os servizos e facer víaxes. Moitas veces os doentes utilizan a ambulância do 0 creendo q poide facer d taxi, cando poden acudir po los seus medios......e ninghen lles dì nada...vai no voto.....pero tarde ou cedo imolo paghar os incautos.