O BNG reclama para Galicia a xestión do sistema de Seguridade Social e defende vías para aumentar as pensións

O BNG reclama para Galicia a xestión do sistema de Seguridade Social, co obxectivo de recadar todos os impostos das empresas con sede na comunidade, e defendeu medidas para incrementar as pensións que cobran os galegos, as segundas máis baixas de todo o Estado cuns 175 euros de diferenza de media.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2018 | Actualizada ás 11:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O BNG reclama para Galicia a xestión do sistema de Seguridade Social, co obxectivo de recadar todos os impostos das empresas con sede na comunidade, e defendeu medidas para incrementar as pensións que cobran os galegos, as segundas máis baixas de todo o Estado cuns 175 euros de diferenza de media.

En rolda de prensa, a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, debullou algunhas das medidas que defenden os nacionalistas galegos, como calcular as pensións cos 15 mellores anos da vida laboral e que as persoas se poidan xubilar, de forma ordinaria, aos 65 anos.

Así mesmo, apostou por aumentar as pensións non contributivas, cun complemento autonómico de 100 euros ao mes, o que suporía unha medida cun custo de 40 millóns de euros.

(HABERÁ AMPLIACIÓN CON FOTO)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

O que non di o BNG é que as pensións en Galicia son ultradeficitarias, con moitos millóns de euros de diferencia entre o que recauda por cotizacións á S.S. e o que constan as pensións. E eso non é problema de " xestión", senón que eiquí as cotizacións xa hai moito que deixaron de poder manter as pensións.