O PSdeG busca paralizar a tramitación da nova Lei de saúde de Galicia e presenta unha emenda de devolución

O PSdeG buscará paralizar a tramitación da nova Lei de saúde de Galicia coa presentación dunha emenda de totalidade ou devolución, é dicir, unha petición para que o texto non chegue a iniciar a súa tramitación parlamentaria e a Xunta volva presentar un texto distinto.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2018 | Actualizada ás 12:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O PSdeG buscará paralizar a tramitación da nova Lei de saúde de Galicia coa presentación dunha emenda de totalidade ou devolución, é dicir, unha petición para que o texto non chegue a iniciar a súa tramitación parlamentaria e a Xunta volva presentar un texto distinto.

Xoaquín Fernández Leiceaga, portavoz do PSdeG
Xoaquín Fernández Leiceaga, portavoz do PSdeG | Fonte: Europa Press

Aínda que o PPdeG ten maioría absoluta e, por tanto, forza suficiente para tramitar a lei de saúde, os socialistas, na mesma liña que a plataforma en defensa da saúde pública --que aglutina a representantes de todo o ámbito sanitario, rexistraron esta emenda á totalidade na que esgrimen argumentos como que esta normativa "non foi obxecto de ningunha información, anuncio ou comunicación previa" a pesar da súa relevancia.

"Nin a centralización de servizos nin a redución de áreas sanitarias son unha boa noticia", manifestou este luns en rolda de prensa o portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen deu a coñecer esta emenda, pendente aínda de cando se debaterá. Ademais, o PSdeG atópase á espera do informe que solicitou ao Consello de Contas para coñecer o custo da normativa.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta