Ciudadanos tamén ataca o goberno da única gran cidade que ten o PPdeG

Denuncia “deixamento” de funcións no Concello de Ourense e di que o alcalde só "está máis preocupado por aparentar que por traballar".

Por Galicia Confidencial | Ourense | 22/01/2018 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

A guerra entre C's e o PP en Galicia non fixo máis que comezar. Logo do resultado das eleccións catalanas e das enquisas que dan vantaxe á formación laranxa, as críticas do PP non se fixeron agardar. O propio Núñez Feijóo, a pesar de que Ciudadanos é residual en Galicia tamén cargou duramente este sábado contra esta formación e a contestación da súa coordiandora en Galicia non se fixo agardar cualificando de "soberbio" ao presidente galego.

Gloria Lago, de Galicia Bilingüe, saúda a Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, cando era conselleiro
Gloria Lago, de Galicia Bilingüe, saúda a Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, cando era conselleiro | Fonte: seioque.com

Per os tirapuxas entre estes dous partidos continúan. Este luns, C's atacaba duramente o goberno de Ourense, a única gran cidade que goberna o PPdeG e na que non ten representación a formación laranxa.  "Desde Ciudadanos consideramos moi grave o deixamento no que se atopa actualmente o Concello de Ourense facendo que decenas de instancias e mocións de diferentes colectivos tales como Asociacións Veciñais e doutra índole, do mesmo xeito que as enviadas por C's, nunca obteñan resposta", dixo o voceiro desta formación na cidade, Alberto Rodríguez.

“É evidente que se está máis preocupado por aparentar que por traballar realmente”, suliñou ao tempo que criticou que o concello non teña Orzamento, nin PXOM, nin execute as obras. “Realidades como o abandono das zonas verdes, a non renovación do contrato de buses ou que se perdan subvencións, non son opinións subxectivas, senón feitos que están a ocorrer na nosa cidade”, incidiu.  

Ademais, criticou que o alcalde non teña aínda dado resposta ás propostas de Ciudadanos. Cómo é posible que a nosa formación que aínda non dispón de representación no Concello de Ourense estea a realizar un traballo para a mellora da nosa cidade e desde o Concello, de maneira sistemática, se óbvien todas as nosas propostas do mesmo xeito que as doutros colectivos?”, pregúntanse. Por iso, demandou que “se depuren” responsabilidades

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Cipollina en Tabarrarnia

Fan ben, de estar calados moitos xa estamos fartos e máis dunha esquerda que non sabe ser esquerda e defender aos cidadáns. E eu nunca os votarei.

1 Arturo

Buscando desesperadamente meter a perna dentro.