Campaña nos centros educativos galegos para esixir a restitución de dereitos do profesorado

CIG-Ensino inicia unha campaña de recollida de sinaturas por todo o país para mellorar as condicións de traballo do profesorado galego. Cifra nun 23% a perda de poder adquisitivo nos últimos anos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/01/2018 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Baixo o lema “Pola recuperación dos nosos dereitos”, a CIG-Ensino acaba de lanzar unha campaña de recollida de sinaturas por todo o país co obxectivo de reclamar a restitución dos dereitos laborais e salariais perdidos nos últimos anos e de reivindicar unha mellora nas condicións de traballo do profesorado galego.

CIG-Ensino
CIG-Ensino

Ao longo deste segundo trimestre, delegados da central nacionalista visitarán todos os centros educativos galegos para celebrar asembleas informativas e achegarlle ao profesorado os pregos de sinaturas que posteriormente lle serán entregados ao conselleiro de Educación e Cultura. A campaña, que tamén se pode apoiar dixitalmente a través da web do sindicato www.cig-ensino.gal, supón unha continuidade ao traballo realizado desde o inicio dos recortes, tanto en materia laboral como na loita contra a LOMCE.

Aínda que de momento non hai previsto ningún calendario de mobilizacións, desde a CIG non descartan "nada", nin sequera unha folga, dado que existe "un malestar enorme" entre o profesorado "coas súas condicións de traballo".

A central sindical lembra que, malia as proclamas de recuperación económica, o colectivo docente non recuperou ningún dos dereitos que lles foron recortados nos últimos oito anos: baixada dos salarios nun 10% e perda do poder adquisitivo nun 23%, descontos por enfermar, aumento da xornada lectiva e das rateos de alumnado por aula ou recortes na atención á diversidade.

Entre as principais reclamacións está a creación dun Estatuto da Función Pública Docente, que para a CIG debe responder a unha negociación real sobre as condicións laborais nas que desenvolve o seu traballo o persoal docente galego.

O secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, referiuse á necesidade de recuperar a contía integra do soldo e das pagas extras que percibe este colectivo e cifrou en 55.000 euros a perda de poder adquisitivo acumulada desde 2010, no caso dunha persoa pertencente ao corpo de Secundaria cunha antigüidade de 30 anos de servizo.

Tamén clamou contra os descontos que penalizan a enfermidade e o aumento das tarefas burocráticas nos centros que fan que o profesorado non se poida centrar no realmente importante que é o traballo nas clases.

Neste sentido, Bermello insistiu en que “a garantía da calidade educativa vén da man dunha redución de rateos nas aulas, que permita atender correctamente o alumnado, a volta ás xornadas lectivas de 18 e 21 horas en secundaria e primaria respectivamente, así como ofertas amplas de emprego que non esquezan a necesidade de estabilidade do persoal interino e que permitan cubrir as necesidades dos centros".

Bermello fixo especial fincapé nas carencias existentes na atención á diversidade e ás necesidades específicas de apoio educativo. Neste sentido, lembrou que a CIG-Ensino vén de reclamar que a Consellería oferte 256 prazas de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe a maiores das que saen este ano no Concurso de Traslados de Primaria para conseguir este obxectivo.

Afondando en cuestións de actualidade, indicou que hai máis de 1.200 docentes funcionarios que están á espera de obter o seu primeiro destino definitivo —-algúns levan máis de 10 anos en expectativa—, e que a proposta da CIG-Ensino vai na liña de diminuír esta temporalidade até máximo os dous anos posteriores a aprobar a oposición.

Por último, tamén se referiu á LOMCE, “unha lei máis propia do fraquismo que dun país democrático” que desvaloriza o traballo do profesorado e que quere impedir a xestión democrática dos centros educativos. Neste sentido, recalcou a necesidade de que se paralice a súa aplicación e que Galicia poida exercer as súas competencias para levar a cabo unha Lei Galega de Educación na que, entre outras cuestións, se protexa e impulse o uso do galego como lingua vehicular no ensino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

1 Futuraexafiliadadacig

A mellor forma de atender os dereitos do profesorado e tratar ben aos afiliados cando chaman. Mereceriades que contase o caso pero coma teñi conciencia de clsse e sentido calo.

1 Sotelo

Lixo mesetario emporcando o sindicalismo galego! Tirando a pedra mentres esconde a man! Nótase que serves a Expaña por unha morea de denarios! Ameazas gratuitas, amosando a túa enorme cobardía!

2 Carlos Freire

Desde o anonimato sae barato difamar. Repugnante.

3 Ay que me LOL

Ti non es afiliado mareante aínda que se tes un problema seguro que es o primeiro en chamar á CIG non vas chamar a CC OO

4 FuturaexafiliadadaCIG

Dende que anomimato, ben saben os que tan ben me atenderon quen son. Deixádeme en paz. Levo defendéndovos aquí a vós e ao bloque sen parar para que me tratasen así. Queredes que o conte? Pois cóntoo, non hai ningún problema. O que pasa é que deberiades mirar de quen tedes coma liberadas e liberados. E se non me vou é por respecto a xente coma Anxo Louzao e a outros que sabían facer o traballo porque a ese mesmo teléfono chamei moitas veces e ben que me atenderon entre outras persoas el. Tedes un serio problema que é a falta de ideoloxía e certo descoñecemento sobre o que non me vou estender. Pero tranquilos, que o que me pasou a min xa sairá en asemblea, especialmente despois dos vosos insultos.

5 FuturaexafiliadadaCIG

E tedes moita razón, isto non se resolve cun aviso para que se tente tratar ben a unha persoa agobiada á que lle contesta mal e se lle dan respostas que amosan descoñecemento da lexislación laboral básica. Se escribín isto foi porque me sentín moi maltratada e calquera persoa que tivese un mínimo de empatía cando menos tería procurado tranquilizarme algo e informarse sobre o que preguntaba. Exactamente o que fixeron noutro sindicato de esquerdas cando chamei. Pero vós, ao voso: a denigrar aos disidentes dende o anonimato tamén. Se tivesedes algo de sentido xa me terían chamado para pedir desculpas aquela mañá. Pero se queredes que vaia por outros cauces irá. Eu non achanto (e moito menos con talibanciños de cuarta) nin son parva.

6 FuturaexafiliadadaCIG

Que me chames repugnante xa di moito de ti. Oxalá ti non te vexas coma me vin eu aquel día nunca. Agradecer tamén dende aquí a amabilidade e simpatía dun rapaz do STG que me atendeu. Isto xa se aclarará onde corresponda, incluído o de repugnante.

7 Se tes bigote

Se tes bigote tío deixa xa que é moi burdo o personaxe que te creaches, ao final curiosamente te tratou moi ben o dun sindicato sectorial claaaaro non eras xa del. "Contestáronme mal por teléfono e vou entrar en GC a 'denunciar' o caso". Habéis perdido un voto del PP!

8 anonimo

Non, so comentei algo que me pasou porque non son a unica descontenta e comi che dixen isto vaise aclarar onde se ten que aclarar. Non se trata xa de que non me resolveran nada e que non tiñan nin idea e deberian. Ides mal e de sabios e rectificar.