Un longo historial como incendiario

O Seprona atribúe ao presunto pirómano de Agolada, un home de 40 anos xa ingresado na Lama e con antecedentes por delitos similares, a autoría doutros once incendios forestais nas inmediacións do municipio pontevedrés en agosto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2018 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A Garda Civil atribúe ao presunto pirómano de Agolada, G.V.C. de 40 anos, a comisión doutros once incendios forestais nas inmediacións do municipio pontevedrés rexistrados durante a primeira quincena do pasado mes de agosto. O acusado, xa ingresado na prisión da Lama, resultou detido como presunto autor de 16 incendios forestais rexistrados en agosto na comarca do Deza (Pontevedra) e en Santiso (A Coruña).

A Garda Civil atribúe numerosos lumes ao presunto pirómano de Agolada.
A Garda Civil atribúe numerosos lumes ao presunto pirómano de Agolada. | Fonte: @PlanDirectorPon

Un novo informe elaborado polo Seprona de Pontevedra, seguindo as mesmas liñas de investigación, obtivo novos indicios "concluíntes" que sitúan ao detido nos lugares e horas nos que se iniciaron outros once incendios forestais, entre o 11 e o 16 de agosto, en montes de diferentes parroquias de Agolada.

A súa detención produciuse no marco da operación Ignis Arbor, que buscaba determinar a autoría dos incendios forestais rexistrados durante a primeira quincena de agosto na comarca do Deza. En concreto, foi arrestado cando acababa de prender lume en dous puntos do monte en Ferreiroa (Agolada).

A investigación centrouse sobre el despois de situalo co seu vehículo no lugar onde se iniciaron nove incendios forestais os pasados días 24 e 26 de agosto. A partir de aí, púidoselle vincular a outros lumes rexistrados tamén no mes de agosto (13 en Agolada, dous en Lalín e un en Santiso).

O home xa contaba con antecedentes por delitos similares. En concreto, foi detido en 2012 como autor de máis de 150 incendios forestais na comunidade galega, e investigado en 2015 por unha trintena de incendios máis rexistrados na provincia de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta